que é?

“Un día mirei pola fiestra e pensei que bonito sería encher o mar de barquiños de papel de cores”

eu non podo explicar que é mimadriña sen contar tódalas historias que neste blog levo contado e recoñezo que según o día, mimadriña é unha cousa ou outra!  Mimadriña é unha proposta persoal de acción* * , un  proceso natural * de aprendizaxe que vaise facendo de historias e papel coa colaboración da xente mimadriña

equipo creativo mimadriña

Mimadriña é un blog, un estado de ilusión permanente, por momentos unha tenda de cousas xeitosas en papel dende Sardiñeiro, pero sobre todo mimadriña é unha proposta persoal de deseño e acción, social e cultural!

O meu marco teórico?

A creatividade na acción educativa como elemento motivador para a transformación das persoas, ideas e sociedades.

“Fronte a poesía das palabras, o que compre agora é apostar pola poesía das accións”