Manifesto mimadriña

Manifesto MimadriñaPodería enumerar en listas (ó estilo disquecool) as cousas boas que sucederon ao redor de min, as cousas que aprendín, os proxectos nos que participei, os blogs que descubrín, a xente que coñecín, os lugares que enseñei, pero sobre todo destacaría unha lista do pasado 2012, a das  conversas con xente que ten ganas de facer cousas, cousas cas mans, sexa pór unha leira, montar un negocio turístico, facer marmelo, pasteis de cores,viño, sementar caracois,  artellar unha sala laboratorio de exposicións, fuchicar unha apliación para o android, ter fillos, inventar, crear, facer nacer cousas e velas criar.

A crise pega con forza e non son tempos para “idealistas, creativos e soñadores” nas empresas destes pais, sexan do sector que sexan, non son valorables esas aptitudes, e así fun observando como persoas de demostada valía eran despedidos dos seus traballos, ou fartos dunha situación insoportable abandonaban a seguridade de ser asalariado para emprender un camiño nada fácil. Sí, o 2012 foi un ano de conversas que se resumen en: ” hai que montar algo” e demostrarnos moito agarimo como nos contaba María Yánez no seu twitter . Teño un bo amigo que resume esto ano como o ano do “AMOR”! En certa maneira eu tamén o vexo así, hai un grupo de xente que “ben puteada” acaba cansa de berrar opinións e botáronse ó monte, con proxectos para “facer ” máis aló dos temporais,;que máis demostración de amor que esa!

Todo isto que eu percibín, foi un común entre a nosa xeración, e que excelentemente foron contando os de nocomún en diferentes dos seus artigos. O 2012 foi un ano de emprendemento creativo, de voltar as raíces, á casa, e descubrir que da terra poden crecer moitas cousas ( os que non o sabían ate agora).

Non é estes pais para emprender, é ben dificil, sobre todo se caes nos modelos estandar de emprendemento de sempre, hai que botarlle moitas ganas, moito tempo e aforros persoais cando os hai e cando non, tirar dos amigos colaboradores e da cultura da reciclaxe que os galegos e galegas levamos no sangue!

Non é doado máis prántouse semente de boa calidade este ano para comprender que outro modelo de crear é posible, o reto vai ser sobrevivir a tanto temporal de forza catro!

Si, todo o que o 2012 deume foi semente para que prendera mimadriña e outras ideas tolas e por tanto, este manifesto.

Isto foi o que lles contei no encontro de mulleres no que participei hai unhas semanas. Foi entón cando pensei no manifesto holstee que lera hai un anos e pensei facer o meu propio onde reunir a experiencia que foi até o momento crear e criar mimadriña. Linlles un borrador un chisco máis amplo, cunha chea de diminutivos e chiscadelas típicas de min, pero pensei en ensinarllelo a Víctor que ten unha mente máis clara e máis práctica, e colaborou para que este manifesto lucise así de xeitoso.

Deixo o resultado, facede moitas cousas!

Bo e xeitoso 2013.

About Palmira

mimadriña.com

10 comments

  1. Pingback: A despensa do avó Francisco, Rosana e mimadriña (I) « Mimadriña!

  2. Manifesto con moita ¡¡sapiencia e solidardade!!

  3. namorada do teu manifesto! 🙂 xusto onte rematei unha instalación nun escaparate con barquiños de papel… casualidade? destino?

  4. Pingback: no teatro ten que haber conflicto! | Mimadriña!

  5. HOLA PALMIRA !!!ENCÁNTANME AS COUSAS Q FAS,DEIXOCHE UN POUQUIÑO DO Q FAGO EI.MÓNICA,BICOS.paraguasdemolasinverguenza.blogspot.com/

  6. Pingback: o manifesto preto de tí | Mimadriña!

  7. Co teu permiso vou coller o “Manifesto Mimadriña” e engadilo nun recunchiño de “Made in GZ”. E espero ler por aqui esa historia da barquiña Xela algún dia, que acontecendo en Sardiñeiro e contada ao estilo de todas as túas aventuras plasmadas neste blog de seguro será moi interesante! Lémonos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: