Diálogos inspiradores en Ribadeo

Mau Marela, O Formigueiro, Nova Xestión Cultural e mimadriña

Cando me preguntan que fago en mimadriña, que é mimadriña, non sei como responder. Gústame dicir que fago barquiñas de papel, pero recoñezo que digo iso para provocar, ja ;). Uns pensan que é unha tenda de manualidades, outros pensan que é un blog, outros creen que me dedico o deseño, pero en xeral á xente cóstalle encadrar a mimadriña en “algo” .

Eu non podo explicar que é mimadriña sen contar tódalas historias que neste blog levo contado, e recoñezo que según o día, mimadriña é unha cousa ou outra! Un proceso natural que vaise facendo de historias e papel por unhas mans pequenas e a mellor tía do mundo, mimadriña é unha barquiña sen rumbo que vai mar abaixo alá onde as ondas a leven.

E as ondas leváronme este venres ata Ribadeo, convidada por Alberto de Nova Xestión Cultural, para participar dentro do programa Ribadeo emprende na mesa de debate Diálogos inspiradores. Alá me fun, chea de ansia á outra esquina do país, motivada por coñecer a Alberto que tan boas palabras sempre me adicou e por coñecer a xente “inspiradora”.

Leveime conmigo unha caixa chea de libros inspiradores e unhas barquiñas de cores, para así explicar que é mimadriña. Que contar en dez minutos? non podía dicir que son unha tenda, nen unha deseñadora, nen unha mestra do origami por que non o son, non era doado a priori encadrar a mimadriña nunha proposta de emprendemento empresarial, como abordar entón o debate?

Pensei:  Contarei mimadriña coma sempre, coa súa historia detrás, cas súas barquiñas de papel, non  penso levar un power point de apoio e disfrutarei de ver as caras da xentiña e dame igual o que pensen, seguramente cada persoa levarase unha idea diferente, e iso está ben!

 Emprender, que palabra máis fea!,  Diálogos inspiradores mola mái!s, por que emprender é unha palabra moi 2005, non credes? Que é emprender?

Por que si emprender é o mesmo que significaba no 2005 eu non son emprendedora!

Non fixen un plan de empresa nin o penso facer, non elaborei a miña liña de negocio e produtos antes de empezar, non fixen unha previsión de ventas, nin analicei a competencia, eu non son muller emprendedora que queira formar parte dun círculo de empresarias ou da fundación galega da muller emprendedora. Habelas hailas e habelos hailos, é xenial ten que haber de todo, pero eu  non son muller que fale con un vocabulario moi profesional, non son de empregar palabras como emprendemento, empoderamento, proactiva, didáctica, pedagoxía, innovación, sinerxias, diagnóstico, avaliación, plan de empresa, análise de mercado, inversión, previsión, crowd, slow,  debe ou haber!

Son muller de empregar palabras como dalle, fai, crea, proba, crac, ansia, ilusión, aprendizaxe, comparte, colabora, soña, maniféstate, demanda, loita, sementa, vagaxe, escoita e fala, olla.

Non son estes tempos de 2005, a distancia temporal, económica, psicolóxica e social é xa tan grande que xa todos somos conscientes que deixamos unha época atrás, e que estamos xusto agora nunha época decisiva para ou ben aprender de todo o observado e crear algo novo que nos ilusione máis, sendo conscientes de que estamos renunciando a vida tal como a coñecimos ate o momento , ou deixarnos levar a deriva como múxos come merdas coa boca aberta esperando nos furados das alcantarillas.

Sí son tempos de emprender, novas formas de facer, pensar, e crear valor engadido, valor social e cultural, novos procesos de participación e xestión, emprender novos camiños que nos leven cara adiante e  non cara o 2005. Así debería entenderse o emprendemento xusto neste intre, xa non digo no futuro, eu de futuro nada sei, pero si neste intre!

E non nos deixemos impresionar polas campañas das grandes corporacións e estado que pretender facer de nós grandes emprendedores ao estilo 2005 para ver como nos espetamos no 2014, coidado amiguiños e amiguiñas, fai uns meses dicíannos que marcháramos para Alamania, e agora que emprendamos? Algo cheira mal!

Pero bueno, quédemos co bo, non gastemos enerxía, precisamola todiña para chamádelle emprender un novo camiño, ou emprender un novo empreder, estamos xusto neste intre, unhas fan galletas, outros camisetas, unhas investigan novos materias outras recolectan sementes sans, outros van os calamares, e outros cociñan dende o mercado, outros montan salas culturais no galpón dos pais, outras crean contidos na rede ou xestionan plataformas ou apps que melloran a nosa vida diaria, todas e todos fan pais, todos e todas facemos pais, emprender non é doado, moitos non o faríamos de estar no 2005, pero estamos no 2013!

Sí, Diálogos inspiradores mola máis, inspirámonos e motivámonos  este venres en Ribadeo, estamos no camiño de emprender novas formas de facer, pensar, e crear valor engadido,  como o están a facer Mau Marela en Ribadeo dende unha espazo fermoso onde empezar dende o principio, onde os pícaros aprenden a aprender de man de Celtia e Guillermo e uns amigos colaboradores .

Emprender  novos procesos de participación e xestión,  novo valor social, e  co tempo e boa semente un novo valor económico, como o colectivo conformado polo Formigueiro de Ribadeo , cheo de “grelas” e unha xenteb en duriña e activa con “terra” na man e na boca para cuspir onde faga falta.

Emprender novos procesos creativos e trasformadores, que engaden valor cultural como o fan Bea, Cristina e Alberto dende Nova Xestión Cultural, facilitando lugares de encontro entre creadores e potenciais creadores, e dicir, toda a xentiña deste país, por que entre outras moitas cousas , tanto eles coma eu estamos convencidos que o verdadeiro valor engadido deste noso país é a cultura que agroma en tódolos furadiños, sexa en Sardiñeiro de abaixo, Noallo de arriba, Santa Mariña de Augas Santas, Rinlo ou Moeche. Sí, emprender dende a cultura, en positivo para defender e construír! Mimadriña, imos aló!

A foto que ilustra o texto é unha imaxe da tarde do venres, ahí estamos, sorrindo e con forza para defendernos de tódolos tombos de mar e temporais de forza catro que poidan vir, como digo eu: ” Non hai tombos de mar que non deixen crebas na area”

Un bico enorme a tódola xentiña que deixei en Ribadeo, por tanto agarimo que me puxo a pel vermella, por tanta poesía, un bico a todos, a Mónica, Celtia, Guillermo,  e os colaboradores de Mau Marela, a Victor e a súa compañeira, Nines e o grupo das Grelas, ó grupo Terra, e o rapaz que me contou o conto do barquiño que naufragou, a Silvia e o seu compañeiro, ao Fari polo seu apoio audiovisual e como non a Alberto por levar todo o peso das palabras inspiradoras, jajajja. (él xa sabe)

Se queres ter máis info deste faladoiro, ou pertences a algunha entidade e estas interesado/a, ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com

Advertisements

About Palmira

mimadriña.com

One comment

  1. Grazas, Palmira! Inspirador, motivador, precioso!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: