Dícía Tolstói que ” o segredo da felicidade non é facer sempre o que se quere senón querer sempre o que se fai”, levo días e días dándolle voltas a esta frase que vin na web de Dichoqueda do amigo Víctor.
Creo que é unha frase madura, que so se comprende cando levas ás costas un longo percorrido vital, eu doulle voltas, máis o que me gustou dela é o pouso que deixa e ser consciente que fai uns anos, esta frase non a entendería de cheo.
A día de hoxe miro atrás, e ollo o derradeiro ano e o percorrido que fixen dende marzo do 2012 cando “quedei no paro” que so podo dicir que quero moito o que estou a facer, as miñas barquiñas de papel.
Tanto me gusta o que fago que durante os primeiros 20 días de abril que estou de vacacións no meu outro traballo a media xornada, adicarei todo o tempo a facer un montón de cousas para mimadriña e algunha que outra sorpresa, estade atentas e atentos, sobre todo ó facebook de mimadriña! Non digo máis! 😉