Mimadriña!

 Un día mirei polo balcón e pensei que sería ben bonito encher o mar de barquiños de cores e eu que son unha nena inquieta, comencei a pasar as horas facendo barquiños de papel ben xeitosas.

Un día ata pensei sentarme  na praza do Obradoiro a facer barquiñas e non levantarme ata que a realidade lucise diferente, pero entón viñeron as choivas deste maio e pensei que o papel mollaríase e desfaríanse.  Días despois lin no twitter de @furilo “Quejarse no sirve. Ni en twitter ni en el mundo real. Haz. Lo que sea. Construye. No vale solo con hablar”

Así que decidín facelos barquiñas!

Animeime  a convertir esta ilusión, este saber facer en mimadriña.com,  unha tenda pero tamén unha proposta onde verquer as cousas que de vez en cando, como tombo de mar, enchen as horas dos meus días; a compartir a ilusión que lle poño ás cores ou o mimo en cada dobladillo, a fin de que alguén ao outro lado da rede queira ese mar de cores na súa fiestra, no seu cabeceiro da cama, ou entre as súas sábanas onde sempre comenzan os soños!

Advertisements

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s