Aspadex e mimadriña

Fai un par de meses que quería compartir este paso tan importante para mimadriña, e hoxe teño nas miñas mans o resultado:

Cando dende a miña ventá con vistas a praia de Sardiñeiro  naciu a idea de mimadriña, pódovos afirmar que tan so tiven o 5 % da idea, o que veu despois foi 95% traballo, adicarlle moitas horas a observar, escoitar, aprender e crear, e aínda que sone cursi, a permitirme soñar e ilusionarme.

Recordo perfectamente ese 5% de pensamento:

  • quero facer algo coas mans
  • quero contar unha historia
  • quero falar do bonito que é Sardiñeiro
  • quero empregar os recursos dos que dispoño: papel de cores e unha máquina de coser
  • quero aportar algo. Podo aportar algo?

Ese foi o inicio, tiña mans, labia para contar historias, regresei a Sardiñeiro, moreas de papeis de cores entre os meus e os dos meus sobriños, a maquina de coser da miña avoa Anita… e con todo iso, podería facer algo,  pero sobre todo, podo aportar algo?

E sí, cando falo de aportar algo, refírome a un valor engadido, de caracter educativo e social que agroma da miña vocación profesional. Preguntábame como facelo, e todavía sigo argallando a diario cousas para engadir, para aportar ese “algo”, sexa para unha persoa ou  para un grupo de persoas.

Pode que sexa unha maneira de agradecemeto, por que eu sempre me sentín moi afortunada de estar rodeada de xente que me aportou valiosísimos coñecementos e habilidades, e sempre estiven disposta a fozar nas cousas para aprender, por que así eu despois podería ensinar e trasmitir todo iso a outras persoas que estiveran dispostas a aprender e fozar.

Así fun procedendo estes meses,

  • aportar contido cando creei este blogue
  • aportar  creatividade cando deleguei parte do proceso  nos meus sobriños e sobriñas
  • aportar ilusión e motivación cando redactei o manifesto mimadriña
  • aportar valor engadido o meu “produto” empregando materiais e recursos da comarca e así conseguir un resultado 100% Feito na Costa da Morte.

Foi nesta última idea, cando xa levaba un certo recorrido cando pensei en buscar produtores de dous elementos fundamentais,  o papel e o enmarcado, productores de papel na Costa da Morte aínda non atopei, peropara o enmarcado pensei en  ASPADEX.

ASPADEX é unha entidade de iniciativa social na Costa da Morte con sede en Cee, con case 30 anos de historia, que ten como obxetivo mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e a da suas familias. Unha entidade que cree nas persoas e nas súas capacidades para elaborar un proxecto de vida propio e independente, na corresponsabilidade de todos os membros da organización no proceso, e na  rendabilidade social como elemento xerador de riqueza que reinvirtese na propia entidade , nos participantes e familias e polo tanto nos veciños e veciñas desta costa. Así o puiden observar fai un par de meses cando Concha e Delfino me ensinaron a entidade e o traballo que alí se leva a cabo, que non é pouco traballo, un gran barco onde todos suman esforzo e onde o día a día aportase ese “algo”

ASPADEX  “aporta” valor engadido, valor social, económico e cultural a miña comarca, e  agora aporta valor engadido a mimadriña. Para min un gran paso, e un orgullo poder contar con eles e os seu traballo, para algo tan importante como o enmarcado dos cadros mimadriña,  algo tan importante como poñer unha fiestra nunha parede que ten vistas o mar. Dende fai unhas semanas ASPADEX elabora o enmarcado de tódolos cadros mimadriña, polo que cando mercas un cadro de barquiñas, estás aportando apoio a esta entidade.

Agora eu seguirei, observando, escoitando, aprendendo  e facendo barquiñas de papel, deixandome ilusionar polos vosos comentarios e maquinando cousas, para poder ir aportando ese valor engadido a unha folliña de papel.

Pd. As imaxes son das aulas de Aspadex, xa vedes, eles son moi mimadriña, ou mellor dito, mimadriña é moi eles, mirade que cousas se poden facer con un chisco de papel, un par de mans, moito traballo e moita ilusión!

Advertisements

About Palmira

mimadriña.com

2 comments

  1. Pingback: no teatro ten que haber conflicto! | Mimadriña!

  2. Pingback: o manifesto preto de tí | Mimadriña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: