esté é o blog de Rosalía, e en colaboración co meu amigo Víctor, fixémolo para Crearte, que xestiona a exposición que está a levar a cabo a educaBarrié en Vigo! Se algún día tedes a oportunidade de que un sobriño, prima, filla, irmán…. poida asistir a un dos seus talleres e campamentos, facédeo, xa que as propostas didácticas son do máis creativas, eu non deixo de sorprenderme con algunha das obras derivadas da estimulación creativa dos cativos!
no blog de Rosalía tomaronse como partida os versos de Cantares Gallegos para crear esta fermosa proposta didáctica e de papel, mirade que foto máis potente que podedes ver no blog. Impresionante!
E que me dicides deste caligrama? Mimadriña querida!
Pero si temos que namorar de algo, pois, mmmm eu namoro disto: dádelle o play, sí, sí, pinchade no enlace e dádelle o play!
http://rosaliadecastro.educabarrie.org/2013/06/26/campamento-1/
Que xeitoso, mimadriña, que cousa bonita! Noraboa a Xosé Luis, a Merce, a Olga e a tódo o equipo educativo que formou parte destas propostas que se estan a levar a cabo agora mesmo na Fundación Barrié!
Outro día, fálovos doutra proposta tamén moi chula, dos de Crearte!
As imaxes pertencen a Crearte e o proxecto Rosalía, no principio foi o verso.
Se queres ter máis info deste blog, ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com.
Son Carla ,que chulo o blogue que fixeches,a min encántame Rosalía.
Ola Carla, que ben un comentario teu por aquí! jijiji. Pois fixen outro tamén moi chulo, pronto o ensinarei!