O Furadiño pequeno

Cando era pquena pensaba:

“a xente traballa para ter cartos e comprar cousas, a xente non lle gusta traballar, están tristes por que lles gustaría estar sempre de vacacións, os turistas cando estan en Sardiñeiro están moi contenos e cando marchan están tristes, para ter cartos hai que traballar e estar tristes”.

a miúdo entón pensaba ou que de maior ía traballar nalgo que me gustara moito, como estar de vacacións. Eu nunca fun vacacións a outro lugar, sempre estaba en Sardiñeiro, e as veces consolábame pensando que vivía todo o ano, no lugar onde a xente viña de vacacións. Agora, mellor aínda, podo dicir que vivo e traballo nalgo que me gusta todo o ano en Sardiñeiro, lugar de vacacións, jajajja!

a segunda opción do meu pensamento era non traballar, pensaba que non precisaba cartos, bueno, so uns poucos o principio para mercar ferramentas e cemento. Eu organizaba a miña vida sen cartos así: para comer poño unha horta nesa leira que ten meu pai, para vivir coas pedras que atope e o pouco cemento que merque fago a miña cabaña, cos paus da praia e os madeiros do monte fago os mobles, pídolle a miña nai mantas e sábanas que ten moitas, e potas e vasos, para ir de vacacións vou o Furadiño e fago unha barquiña…e xa está, poderei vivir sen cartos , sempre en Sardiñeiro.

Creo que de eses primeiros pensamentos, veu despois o meu aquel por ir recoller pedras e paus a praia para facer cousas e inentar trebellos.

xa vos contei doutras veces aquí ou en feito a man, que a praia de Sardiñeiro e a do Rostro son lugares moi apañados para ir buscar crebas e páus, pero o que non sabedes e onde atopar pedras chulas. A furna do furadiño que hai en Sardiñeiro, é moi xeitosa para coller pedras, ten as pedras máis bonitas do mundo, e ata unha amiga que veu unha vez dende Avión oíra falar unha vez de unha furna que había aquí que tiña unhas pedras verdes moi bonitas.

en Sardiñeiro hai dous Furadiños, o grande e o pequeno e as dúas furnas chámanse así por que teñen pequenas covas, o estilo mini Praia das Catedrais. Ó Furadiño pequeno so se pode chegar en barquiña e o grande íamos de excursión de pequenos tódolos primos e collíamos pedras para despois pintalas e manternos entretidos durante as tardes de verán que viña o vendaval.

xa queredes ver o Furadiño pequeno eh?!

Mirade, aló ímos, xa estamos chegando.

Aquí o tedes! Impresionante verdade?

Ohhh, unha pantera no furadiño?

jajajjaj, mirade si son xeitosas as pedras do Furadiño que ata semellan animales.

sí, eu fago cousas xeitosas, manualidades como dí miña nai, pero a natureza de Sardiñeiro é moito! Pedazo manualidade, pedazo escultura e todo sen cartos, aquí non houbo un peso. Vedes, eu de pequena non ía moi desencamiñada, para vivir, unha casa feita por min, para comer, unha horta feita por min, para entreterme, ocio e arte nos furadiños, jajaj, que non tiña barquiña para chegar a eles, fago unha con papel!

Listo!

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: