Toma aire, na Non-inauguración do Té con Madalenas

estes días estou a meirande parte  do tempo sumerxida, sí, debaixo da auga, cas miñas gafas, tubo e aletas novas, e teño a cabeza a mil de ideas pero con pouco tempo para encribirvos, pero xa virá o tempo de escribirvos e contarvos, non desesperedes, jajaja.

buceo e penso que mimadriña é iso, un día decidín mirar por unha fiestra e foi como ese día que decidín meter a cabeza debaixo da auga, os sonidos tornaron diferentes, a respiración, os movementos, a luz, as cores

uis, un peixe!

uis que hai alí?

que quentiña está a auga neste verán

ohhhh centos de xoubiñas achéganse a min, que divertido e que diferente é a vida debaixo da auga, igualiño que a vida en mimadriña.com, é diferente

uis unhas peixiñas que se achegan a min, vou falar con elas!

sí!,
hoxe quero falarvos dos procesos, dalgunhas fanecas bravas, ou xoubiñas que coñecín grazas a este mar.
un día Begoña Fontela e Xosé  chegaron a miña casa no inverno máis longo e viñan  cos ollos tan abertos que mesmo parecían rodaballos, ata me asomei a eles para ver o que ollaban, e caín na conta que o que tiña entre mans era o poder de facer o que me dera a gana cunha folla de papel. despois Begoña foi polo mar abaixo e avisou a unha dourada moi espelida que se chama Clara Cordeiro, un mar enteiro esta dourada!, e eu que me deixo levar polas correntes sexan de vendaval ou de norte, alí fun detrás dela.
ensinoume unha ensenada sen marco, chea de coloríns non moi lonxe da miña fiestra, namorei dela por suposto! e cando me convidou a un té con madalenas eu pensei, dalle!
-Díxenlle:

-Dourada Clara: Ohhh!
-Pois ala vou, e aviso a faneca Paulina!
alá me fun ata a Peregrina, a pasar un par de días dándolle ás nosas memorias de peixa. eu fago estes cubiños de papel que me recordan as lapas que están nas rochas do Furadiño,
que haberá dentro delas sempre me pregutei,
haberá universos paralelos?
estou segura de que sí, así que faneca Paulina e dourada Clara, dentro dos cubiños hai universos paralelos, son os imaxinarios de
Alberto, Alejandra, Amabel, Ana, Ana Belén, Andrea, Beatriz,  Belén, Catalina, Chema, Clara, Diego, Eutropio, Helena, Iago, Jorge, José Luis, Juan, Laura, Luz, Mónica, Monse, Neves,  Silvia, Paloma, Poetas Resucitando, Santi, Santiago, Sara,  Uxía, Teófila, UnDo ReDo, Visi, Alicia, Amabel, Ana L., Ana M., Clara, Eliana, Fátima, Laura, Margarita, María, María Teresa, Marta, Merchi, Miguel, Mimi, Neves, Nito, Paula, Rocio, Socorro,  Alberto, Rafael,Berenice, Candi, Chema, Clara, Diego, Juan, Laura, Marta,  Paloma, Palmira, Sara N.,  Sara R., Sebastián, Sonia, Ventura, Vica.  Ángeles, Iria, Jaime, Javier, Nacho.  Adela, Ana, Jesús, José, Nieves, Amabel, Carmen, Clara, Lara, María del Carmen, Patricia,  Paula,  Paz, Xulia.  Amabel, Berenice, Lara, Lydia, María José, Neves, Sara N., Sara R., Sese, Sonia.

De todas aquelas persoas que participarons nos procesos de As cadeiras da avoa Esperanza. As que Habitan a Memoria. Atalaia (Pena Branca). Bosque, gramática do efémero. Historias cunha escaleira. Memoria.  Niños de erros e Oda a Longánime Mirada

e tamén algun peixiño e algunha barquiña e algun dibuxiño do fondo deste mar estaban nos meus cubiños!

e puxen mans a obra , entre as árbores e os paxariños da peregrina, mentras Paulina voaba co seu corpiño entre folliña e folliña.

Corto, doblo, doblo, doblo, corto…….tomo aire , boto o aire, boto os soños, a ledicia, as ganas de facer, o salgado, as forzas, o alento a café, os paxariños, o nordés
Faneca Paulina: xa temos melodía para a nosa performance, doulle o play, aló imos!
e así entre sons e imaxinarios, contruimos Toma aire!, entre as folliñas peregrinas e os fondo mariños de Olmo Blanco.
Voltei a casa de mimadriña e acelerei o proceso, corta, dobra, dobra, dobra, dobra….
Xa estamos aquí, a xentiña xa está aquí, adiante!
sento a facer o que me da a gana cunha folla de papel, mmmm, clac clac cla, fuuuuuu fuuuu fuuuu, levanto un ollo, o mar, as barquiñas e eu  voando, son unha gaivotiña e subo e baixo e mollo as puntas dos pes na auga, e tomo aire e velocidade, probáchedes algunha vez? é unha pasada! e levo o mar no meu corpiño, e pouso nunha rocha, e tomo aire e boto o aire, oh! unha xouba, unha caramuxa.
eu corto, dobro, dobro, asubío, sorrío e Paulina  voando, é unha gaivotiña e sube e baixa e molla as puntas dos pes na auga, e toma aire, e velocidade, e o seu corpo é o mar, e pouxa nunha rocha, e toma aire e bota o aire, oh! unha xouba, unha caramuxa,Paulina é unha faneca brava das que pican bonito!
Ains que fermoso foi participar no Té con Madalenas, de formar parte do seu proceso, de achegarme os imaxinarios de Begoña Ante, Paula Cabaleiro, Carolina Cruz Guimarey, Christian García Bello, Jorge Perianes, Laura Piñeiro e Neves Seara.
o importante non é a obra final, é o proceso, explorar, sorrir, coñecer a outras peixas, pasalo ben, inspirarte,ollar, escoitar, ollar, ollar compartir, sorrir, sorrir, sorrir, como ben o sabe facer Clara, e Paloma, ohhhhh Paloma Lugilde, que delicia!
Graciñas!
Se queres ter máis info desta intervención, ou pertences a algunha entidade e estas interesado/a, ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com.

About Palmira

mimadriña.com

2 comments

  1. Bua! impresionante inmersión nos universos paralelos, que pasada!

  2. Agora que xa teño wordpross pódoche escribir por aquí non só que foi fantástico, se non tamén que eres incríble!!!! Foi precioso mi madriña que si ❤

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: