Véndese barquiña de papel

A plana maior dos sobriños e sobriñas de mimadriña e algúns amigos e amiguiñas!

agora que empezou o verán no Sardiñeiro e empezarán a chegar os primeiros turistas,e a pesares de que os días serán moi longos, eu andarei a mil,  sí teños moitas cousas por facer, pero sobre todo andarei a mil por que terei os sobriños por aquí, na casa, argallaremos cousas novas pero sobre todo iremos moito moito a praia a bañarnos, coller caramuxas, ir os calamares e tirarnos de bomba dende o porto, faremos algunha que outra festa na horta, falaremos cos turistas, contarémoslle que no 2013 non houbo primavera pero si moitas mareas vivas, que voaron algúns tellados co temporal, que o mar levouse moita area, que choviu moito e por iso o monte recuperou bastante verde despois do triste que estaba dende os incendios do 2006, contarémoslle que  fixemos máis de 1000 barquiñas e de 10.000 tamén este inverno e que temos unha barquiña xigante de color amarelo que fixemos unha tarde na primaveira que non existiu

A que é xeitosa a nosa barquiña? non queredes unha para vós? Se queredes eu poño unha cartel de véndese chalana de papel, pero tamén vos digo que non é complexo de facer. So tedes que ter unhas 16 cartulinas ou 32 follas de periódico e pegalas con celo, unha vez teñades o rectangulo feito, enorme!, será divertidísmo facer a barquiña, vai ser como xogar o enrredos! jajajajaja Probade probade! Eu xa teño patentada esta idea para os obradoiros mimadriña!

Nós dende aquela aproveitamos calqueira escusa para sacala de paseo, e se antes levabamos a praia un cubo e unha pala, agora imos ca nosa barquiña, non sabedes a chulería que nos traemos con ela! Como si dunha impresionante goleta se tratase!

Bueno eu voume preparar para recibir os sobriños e sobriñas mimadriña!

Proposta: que os columpios do parque de sardiñeiro teñan forma de barquiños de papel, mira que os fago ehhh!

María dí que vai sacar o carné de patrona! Dalle!

ola ola turistas, mirade a miña barquiña nova! Víde que vos deixo ir dar un paseo nela!

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: