caen as follas do meu ficus

hoxe decidín poñerlle algo de remedio a situación, tiña o chan cheo de folliñas, algunhas aínda algo verdes, outras amarelas e outras xa moi secas e retorcidas, así que cando veu a visitarme Joel, para mantelo entretido propúxenlle coser as folliñas ca nosa fermosa máquina, e él que é moi guiadiño, axudoume.

quedan realmente fermosas como guirnalda decorando a cabeceira dunha cama, quedan fermosas nas mans de Joel,  quedan fermosas nos ramallos secos que vou recollendo o longo do ano…

o que máis me gusta desta guirnalda é unha cousa, que sei que non estaráasí sempre, que irá mudando co tempo, volverase máis amarela e despois cor café con leite clariño, ata pode que quizais un día me de por pintalas, quen sabe,ou argallar unha escultura xeitosa!

vedes, non todo vai ser origami, mimadriña tamén fai outras cousas con follas… aínda que desta vez non de papel, jajajaja.

por certo se sigues pensando que eu podería argallar algo fermoso para a decoración dalgún  espazo, escaparate, evento….xa sabes, aquí estou eu. 😉

o ficus sigue perdendo folliñas, alguén sabe dicirme que lle pasa?

About Palmira

mimadriña.com

3 comments

  1. Pregunta Carlos si o movestes de sitio ultimamente, en tal caso que o volvas poñer onde estaba porque son moi caprichosos. Tamén di que probablemente sexa ou exceso ou falta de auga, moi típico deles. Aínda que non o creas, antes de ter cativos tiñamos a casa chea de plantas, a Carlos dánselle moi ben e eu tamén tiven moitas cando vivía soa. Agora adícome ás de dúas patas. Esperamos ser de algunha axuda!

    • leva no mesmolugar dende fai tres anos, auga a de sempre, pero leva triste tod o inverno, creo que o ou mudar de lugar a ver si espabila, ou acabarei de rematalo?

      • Carlos tamén probaría a cambialo de sitio. Eu diría que somos seres vivos, nacemos… fala co ficus, seguramente el sabe o que quere. Apertas e dille a Joel que está feito un astistaso, a ver se o vemos un día no parque por estos lares.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: