Cando era nova, jajaja e ía o instituto, tiña varios compañeiros de Quilmas, e sempre andábamos discutindo que pobo era máis bonito, Quilmas ou Sardiñeiro, a liorta as veces pasaba a ser convulsa, e eles eran máis e o final eu acababa dicindo, sí home sí, pero estaba convencida de que Sardiñeiro era o pobo máis bonito da comarca.
Pasaron os anos, e xa na facultade, estudiaba cun deses rapaces de Quilmas e un día confesámonos que nin eu puxera un pe en Quilmas na vida, nin el en Sardiñeiro, jajajajjaaj. Vaia!
Pasaron os anos e un día que ía cara Louro e Carnota, pasei pola carretera de Quilmas e pensei: é para catro casas que hai aquí tanto conto! Máis pensei que tanta liorta debía deberse a algo, así que parei o coche e púxenme a investigar onde estaba o bonito de Quilmas e atopeino. Mimadriña co porto e a praia e Quilmas!, é unha autentica cousa bonita, un viaxe no tempo, de repente e como se estiveran na Costa da Morte de fai 60 anos. Entón, para os meus adentros pensei, mimadriña tiñan razón esto é moi bonito, eu nunca lle vou recoñecer que máis bonito que o Sardiñeiro, por que eso nunca, jajajaj, pero Quilmas é un auténtico pobo Mimadriña querida! E a baeleira, ohhh, de repente cain na conta dun dous meus libros favoritos, Areados de Estevo Creus, todo encaixaba en min.
E con isto inauguro a nova sección, pobos mimadriña que xa fai que quería dar conta deles! Proximamente, Sardiñeiro, Ribadeo,O Barqueiro, Muxía…
Se queredes ir a Quilmas, dicirvos que está a 5 km do ëzaro, en dirección Carnota, e no vos pasedes o cartel que indica Porto de Quilmas!
Pero se queredes saber máis, léede a Manuel Gago e a Soledad Felloza, que fai uns días andiveron por Quilmas!