persoas que seguides este blog sabedes que dende fai un tempo participie en charlas e xornadas falando sobre emprendemento; non sei como cheguei a falar eu deste tema, para nada foi algo premeditado, como case tódalas cousas que suceden en mimadriña, pero un día escribín este manifesto para dar a benvida o novo 2013, e dende aquela gustou tanto que aquí me tedes, falando do que é mimadriña pero sobro todo do que foi ir facendo mimadriña; o que lle chamo eu “o proceso”, pero hoxe non vos vou falar do “proceso” e mira que lle teño ganas dende que estiven intercambiando uns correos con Sofía do Son, unha compañeira educadora social.
hoxe quero contarvos que fai uns días estiven en Santiago falando de emprendemento no eido cultural con María Bobillo de ADNideas que está a organizar no EE Peleteiro unhas xornadas lúdicas e motivadoras que favorece as competencias emprendedoras entre os máis miúdos.
eu aportei a miña opinión, un grao de area! conteille os rapaces e rapazas que é mimadriña, e como prender unha proposta con ingredientes tan sinxelos como unha folla de papel, unha ventá, e un montóns de cousas vividas, de como é fundamental ollar todo o que nos rodea para darlle unha volta!
máis falei de algo que ultimamente escoito moito dos que saben moito sobre emprendemento e creación de propostas innovadoras, seica unha das características dunha idea emprendedora é a novedad e ademais ten que resolver un problema, eu cando escoitei iso, pensei: anda mira! ten que haber conflicto como no teatro! 🙂
e non dudo que esa teoría non sexa certa, e de feito moitos dos casos e xornadas de traballo sobre maduración de ideas parten deste idea: o conflicto e como resolvelo para chegar a unha idea innovadora e emprender.
o que pasa e que cando empecei a pensar no que eu podía aportar nesta charla, na que participaba no apartado de cultura, pensei que mimadriña non naceu para resolver un problema existente, eu non pensei: non hai barquiñas de papel no mundo! vou encher o mundo de barquiñas! non señores! eu so pensei isto, e pouco a pouco, nun proceso a veces artesán, a veces artístico, a veces tolo e a veces casi mécanico foi saíndo o que hoxe é mimadriña, o que sexa mañá, mimadriña quen o sabe!
habería moito que falar, e puxemos moitos exemplos emprendedores no eido da cultura que parten dun problema para achegar unha solución e outros proxectos que naceron para encher o mundo de barquiñas e cousas así! xa haberá ocasións de seguir dándolle voltas o asunto.
entonces e resumindo que xa me lío:
emprender non sempre é resolver un problema, non debe ser a única liña dende onde partir para xerar unha idea emprendedora, aló menos no eido cultural e artístico non pode ser a única vía o meu parecer.
o “emprendemento artístico” nace da xeración de ideas, conceptos, obxectos, pezas coa motivación de comunicar, como diría Abramovic, ademáis debe ter como base a realidade social, non aillarse.
e ese comunicar unha idea, quizais todavía non consciente na sociedade, é innovación. esa ídea, e sobre todo o proceso de maduración, é valor, é emprender.
e todo isto podería derivar que entón o emprender artístico e os seus procesos, poden aportar novas teorías sobre innovación e xeración de ideas emprendedora , pero eso vai ser outro tema, que por hoxe está ben. outro día fálovos que estiven nas II xornadas sobre economía e cultura con Roberto Gomez de la Iglesia que xusto falou disto!

