Nunha ocasión xa algo vos falei de Fernán, xa fai uns meses cando vin por primeira vez a Rosana da Despensa do Avó Francisco, faloume de Fernán e a súa aposta por traballar no que lle gusta.
Sempre vos estou a contar estas historias de xente que nestes tempos dediciden apostar por sí mesmos e polo que lle deixa un sorriso pendurado nos seus ollares.
Fernán é un home que leva no seu ollar un sendeiro sen fin, deses sendeiros que son en si mesmos universos infinitos e que levan a mil lugares, a centos de historias, con susurros cantareiros no pentagrama dun ruiseñor,con silencios nos que ata se escoita como medran os mexilóns de río,sendeiros eque arrecenden a fogar cálido aínda que o frío vaia entre as fietas.
Fernán é sendeiro, é rutasvivas.com. Unha empresa que presta un servizo de guía ofrecéndoche un trato personalizado e de calidade, e non solo é palabra, non! Fernán é desas persoas que cando o ves por primeiras vez pensas: que home misterioso este, pero así que intercambias con él unhas palabras, todo é doado e natural e sínteste parte dunha proposta interesantísma na que eres parte.
En Rutas Vivas traballa procurando unha relación moi persoal, buscando un trato de amizade cun obxetivo moi claro: que aparte de coñecer a natureza, a cultura, os costumes, as tradicións, a gastronomía e as festas, voltes á túa casa “sentindo” a terra que pixaches e con gañas de coñecer máis, por que pensas: ” mimadriña nun día todo o que me contou Fernán, e tan só dunha ruta, mimadriña cantas rutas me quedan por facer e canto vou aprender!”
Fai unhas semanas eu fixen unha ruta con Fernán pola Terra Chá e pasamolo pipa, aquí podedes vela crónica e o que visitamos, impresionante a capela do San Vitorio, e a imaxe impresionante do río que me recordou en certa maneira a mimadriña, e ás miñas pólas e os colgallos que colgo delas, agora se queredes coñecer que é iso que colga das pólas na beira do Miño, ides ter que ir de ruta con Fernán . A lagoa de Cospeito, Caldaloba, o faiado da catedral de Mondoñedo, Adela e o amigo de Cunqueiro…
Moitas grazas Fernán polos teus sendeiros, inspiración para saber ollar mellor.
Gústame Rutas vivas por que él tamén un día mirou pola ventá e pensou qe bonito sería percorrer os sendeiros en compaña da xentiña e contalos contos que por eses carreiros pasaron.
P.D: Fernán teño unha idea para tí, que non é nova e que aló polo 2009 comencei e nese momento pensei que ía ser tremendo, quedou sen desenvolver pero molaba moito, xa te contarei, regáloche a idea, jajajja, vou a ver se segue pola rede e onde a metín!
Fernán e Mimadriña
Que xente tan grande coñeces, Palmira. Grazas por compartila con nosoutros, xa non sei que desexo máis, ir coñecer unha desas rutas ou coñecer ao propio Fernán.