Pablo é un bo peixe, o que máis lle gusta é vivir en Sardiñeiro, e despois entre as súas cousas preferidas está virme tocar a porta e subir a tirar avións de papel pola miña ventá e despois subir ás árbores a recollelos varados! Rara especie de peixe, non sí?
Recentemente participou na elaboración de barquiñas para as 1000 por unha educación pública e ata veu a Castrelo de Miño a botalas! Nesa viaxe descubriu a Igrexa de Santa María de Castrelo de Miño, e quedou abraiado, percorriu algo do Ribeiro e disque volverá!
As derradeiras semanas foron intensas, pero xa tiña ganas de sentarme de novo a mesa, e levo semanas dicindo que quero facer novas cousas co papel e con esta miña cabeciña! Tamén xa fai tempo que andaba a argallar como facer un peixes fermosos para os meus cadriños, e aquí os tedes, son idea de Pablo, él ensinoume e despois eu dinlle o meu toque e aporteille algún cambio. 😉
Estes foron os primeiros!
Encántame este peixe do que nos falas hoxe. Temos moitas ganas de volver a velo. Dalle bicasos coruñeses de Carla e Joao.