Cultura e autoemprego: experiencia mimadriña!

Experiencia mimadriña: cultura e autoemprego

Estou moi contenta, non podía ser menos, cando podo adicar o meu tempo a argallar cousas e participar en propostas moi xeitosas nas que sobre todo aprendo e coñezo xente mimadriña querida! Sen dúbida son motivos para estar contenta, aínda que pareza algo  cursi decilo, son consciente! Máis que lle vou facer eu son así, un día son cursi e outro subersiva!

E hoxe de novo quérovos contar que vou participar na xornada Cultura e autoemprego que se celebrará o día 24 de maio na Cidade da Cultura, vou da man de Nova Xestión Cultural, como doutras veces.

Cristina, Bea e Alberto de Nova Xestión Cultural conforman unha proposta moi mimadriña! Lideran dende fai anos unha proposta de autoemprego no eido da cultura, favorecendo a creación dunha rede de colaboradores e espallando propostas  colectivas e individuais que agroman na nosa terra. E sí, un día  deron conmingo e dende aquela líanme para cousas xeitosas, e eu que son boa peixa, caín na rede e lieme con eles.

De que vai a xornada do 24 de maio?

Se estas interesado ou interesada no autoemprego, se xa lideras o teu propio proxecto no eido da cultura, da arte ou ate do DIY (non me gusta nada esta palabra), ou se simplemente gustas de participar nestas xornadas, este día é o bo para tí,  coñecerás novos modelos e formatos para o autoemprego e novos modelos empresariais e non empresariais, partindo de exemplos e experiencias reais, este é o programa cheo de nasas cargadiñas de bo peixe fresco:

10h | Presentación
10:30h | Obradoiro “Aprender a emprender” con Andrés Barro, de Primordial Coaching and Consulting.
12h | Pausa-café
12:30h | Mesa cadrada “Emprender en cultura”. Moderada por Marcos Lorenzo, con:

  • Sergio Lago (director de Culturgal e membro de Nócomún)
  • Xosé Antonio Touriñán e Álvaro Pérez (Airapro productora)
  • Roberto Carreras (Muwom, empresa de branding cultural para grandes firmas)

14h | Xantar
16h | Obradoiro “O novo entorno profesional da cultura”. Impartido por  íñigo Ibiricu e Josu Oleaga, co-fundadores da empresa taZEBAez e promotores de Global Futurizer.
18h | Experiencia Mimadriña ( esta é a miña, 😉 )

19h | Fin da xornada

Pinta ben, non sí?

Mimadriña!, “Experiencia Mimadriña”, de que vai iso?

Non teñades medo, é cousa boa! 😉

Tentarei explicar que é Mimadriña máis alá da frase “Cousas xeitosas en papel” , contareivos o nacemento , pero sobre todo darei conta do meu proceso de autoemprego  e autoaprendizaxe dende o meu punto de vista “slow” e desestruturado, do meu manifesto  e da miña batalla persoal en contra das palabras modernas como “slow”! 😉 Do futuro nada sei, polo tanto non vou falar, nin me interesa falar.

E para finalizar, momento mimadriña na Cidade da Cultura, sorpresa! Que farán as miñas barquiñas desta vez!?

En serio, ides perder esta oportunidade de día motivador e inspirador? Non oh, vide, pero antes inscribídevos:

Para reservar praza envía un mail a economiaecultura@cidadedacultura.org cos teus datos persoais (nome e apelidos, dirección, contacto). Ten un prezo de 25€ co xantar.

Para máis info aquí, aínda que creo xa vos quedou ben clariño!

E para animarvos a mañá deixo esta canción: http://www.youtube.com/watch?v=omZvCIPsd-0

Se queres ter máis info deste faladoiro ou na decoración que artellei para estas xornadas, ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: