O tren

o tren de mimadriña

O tren que me leva pola beira do Miño, me leva e me leva polo meu camiño.

O tren vai andando pasiño a pasiño e vaime levando cara o meu destiño.

Alguen pode ser que me espere na estación, na terra da felicidad.

E todo o que sexa amor e paz o atoupareí eu o tereí ca miña moza no meu lar.

O tren que me leva camiña e camiña, vai votando fume, corre pola via

. O rio va felto un mar de ledicias. No tren pouco a pouco volto a miña Galicia.

Pasei molto tempo sen lar, lonxe de aiqui; foron mil noites cheas de soidá;

Falando ca xente po las mañás escoitarei e saberei o que pasou polo meu lar.

Pipiripipipipiiii pipiripipipi pi

A estas alturas xa saberedes que mentras escribo a letra da canción estou cantando a toda !jajja

Encántame esta canción! Mimadriña!

Cando vivín no Ribeiro e andaba a diario entre Punxín e Castrelo de Miño,  ía a traballar escoitando esta canción no coche, mentras percorría paralelamente as vías do tren que unen Ribadavia con Ourense, vías na que se gravou o vídeo desta canción de Andrés do Barro e ata un día tiven que facer ese mesmo recorrido no tren, e recoméndovolo, é fermosisísimo!

A terra da felisidáaaaaaaa, piripipipi piripi   que gran verdade, eu ando penso nos meus catro anos no Ribeiro penso xustamente niso, a terra da felisidáaaa!

Pero este dibuxiño que xa ten moitos anos ten outra historia detrás, e en certa maneira tamén se reflexa  nesta canción!

Durante os anos 2005 e 2006 vivín un tempo Barcelona, marchei para aló en busca da miña primeira experiencia laboral no eido da educación social e econseguino aló, estaba moi contenta alí, pero non podía deixar de pensar en volver, por que os meus sobriños e sobriñas eran pequerrechiños,e  pensaba que ía a perderme o mellor das súas vidas e  que un día daríame de conta que esa etapa non ía volver!

Cando me fun para aló, funme en avión a primeira vez, pero cado voltaba a miúdo  facíao no tren mimadriña entre 16 e 18 horas pasaba nel, pero a pesar de todo , é un tren no que se socializa moito, naquela época recordo que media Compostela estaba en Barcelona, cada semana atopábame xente da universidade que percorreran o mesmo camiño ca min, e compartíamos a sensación que naqueles días a vida en Galicia estaba a mudar, e quizáis en breve sería un bo momento para regresar e “facer país”.

Eu tiña claro que en canto tivera un chisco de experiencia ía volver, por que quería e sigo querendo vivir na terra da felisdaaaaaaaaá! Por que non me cegaba o rebumbio da vida cultural de Barcelona e sabía que nada tíñamos que envexar e que esas propostas que alí se facían eran posibles en Santiago, Ourense, Sardiñeiro ou calquera recunquiño do noso país.

Sí, volvín, a finais do 2006, e o que me fixo tomar esa decisión despois de ano e medio aló foi este dibuxiño. Un día ao mes recibía un paquetiño cargado de cousas ricas ricas que competía co  que recibían os meus compañeiros de Mallorca. Nese paquetiño, aquel día viña este dibuxo feito polo meu irmán Chichí e onde saían tódolos meus sobriños e sobriñas ata o momento que me pedían que collera o tren e volvera para Sardiñeiro!

Mimadriña! como non ía volver! Con este dibuxiño!

Collín o tren e volvín, sí! Volvín a terra da felisidáaaaaaa! E viñeron catro anos no Ribeiro, xeniais!

* Unha curiosidade: o tren aínda non chega a Costa da Morte, meu avó dicía que dende a época da república tódolos políticos de turno prometían que o tren chegaría a Fisterra, nunca chegou!

About Palmira

mimadriña.com

3 comments

  1. Pingback: O tren chegou a Sardiñeiro « Mimadriña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: