O tren chegou a Sardiñeiro

Si onte falaba da historia do dibuxo do tren, hoxe toca poñer a andar o tren!

Por fin o tren chega a Costa da Morte, a Sardiñeiro!

Fai uns días visitounos Víctor,o meu sobriño Pablo pasouse días preguntando pola súa chegada, así que cando xa o tivemos aquí foi unha festa e ata tivemos que botarnos un baile no sofá, non é a primeira vez e xa se está a convertir nun clásico cando Víctor nos visita, é moi de bailar! desta vez, o baile foi o Rías baixas Style! Os meus sobriños sábenche a letra enteiriña!

Víctor chegou para deixarse mandar polo equipo creativo de mimadriña, e como  trouxo de regalo un montón de plastilina, decidimos facer un tren, como o do dibuxo, e  mans á masa!

Claro que despois de emporcallar as mans o Víctor propuso facer un vídeo de stop motion e ata nos ensinou a técnica facendo uns dibuxiños nun papel e un vídeo moi moi crac dun mozo que tiña moito tempo e fixo esta marabilla: http://www.youtube.com/embed/W5ErZf1AC8I

Despois outro conto foi sacar as fotos e facer que Pablo, Jorge e Joel mantiveran a  atención, por que despois de tanto baile, e tanta actividade era cousa complexa, pero aínda algo xeitoso nos quedou este vídeo, resultado de toda esta mañá de domingo.

Gústanos recibir visitas, gústanos Víctor por que lle gusta tanto Sardiñeiro coma a nós, e tamén por que ten a cabeza chea de ideas para encher o mundo de coloríns!

Volve pronto e trae máis plastilina que temos que facer unhas barquiñas! 😉

 

About Palmira

mimadriña.com

2 comments

  1. Pingback: noa,joel e mimadriña | Mimadriña!

  2. Pingback: Mimadriña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: