Travesía polo Lerez en barco de papel? que sí ,que sí. Mimadriña querida! cando Ana e Edwin contáronme que coñecían a Raul e a Julio, dous homes intrépidos que un día decidiron facer unhas barquiñas de papel para navegar polo río da súa cidade, pensei, si home si!
E sí, era certo, mimadriña! canto rin e canta envexa por que ese é un dos meus soños nesta vida, jajajajja. Bueno xa me coñecedes, non parei ata coñecer a estes dous, e fai unhas semanas na Feira Franca de Pontevedra, tiven a inmensa ledicia de coñecer a Raúl o cerebro de esta tolemia. Unha delicía de home, a cabeza non lle para nadiña, estivemos tempo e tempo falando de cousas como ista que ten feitas, así, por que lle gusta, sen moitas máis razóns que facer o que lle gusta! Xenial! Que sorte teño de coñecer a xente así. “E si enchemos o ceo de ……” dicíame, e ale! fixoo tamén. En Pontevedra, no casco vello, se un día nunha das súas rúas vedes algo así,máxico e inesperado, saberedes que foi Raúl!
Por certo podedes coñecer a Raúl se ides a Crepería Cre-Cotté de Pontevedra, él é Raul Facciola Moreira, o dono,así non solo disfrutarás da delicía da súa conversa, senón tamén da súa gastronomía!
Faltaríalles mellorar un pou o deseño para axudar ao equilibrio pero non deixa de ser abraiante o que fixeron.
si, unha verdadeira pasada, tes que saber que este verán repetiron!