E chegou o día de celebrar o I certame mimadriña! 😉
Abride ben os ollos e lede con coidadiño!
- Este non é un certame de poesía, nin de microrelatos, nin de música nin de cociña… é un certame de barquiñas de papel!
- Tes que facer polo tanto unha barquiña de papel polo menos, se non sabes, aprendes aquí ou aquí
- A túa barquiña pode ser coma ti queiras, podes innovar, acéptanse todo tipo de embarcacións de papel. Tí dalle!
- A túa barquiña ten que defender algo que consideres fermoso, pode defender a educación pública, os montes galegos, a sanidade, o mar, os corpos das mulleres e o seu dereito a decidir que facer con eles, defender a terra por que Galicia non é unha mina, pero nós sí. Somos unha mina, creativos, símpaticos e ca boca aberta para dicir o que pensamos, así que a túa barquiña ten que defender algo, por pequeno que sexa, como si queres defender que volvan as dunas o teu paseo marítimo!
- Xa tes a barquiña e xa tes un carteliño cun lema que pode ser por exemplo: unha barquiña de papel en defensa de…. . Firma co teu nome e mimadriña, é disir, Breixo e Mimadriña.
- Sácalle unha foto ben xeitosa, na foto a barquiña e o papeliño co lema son fundamentais, o resto de elementos da foto, coma ti quieras! Comparte esa foto no muro da páxina de facebook de mimadriña.
- Difunde a túa obra de arte entre os amigos para que lle poñan un gústame deses e morran ca envexa da túa barquiña!
- A foto que máis “gústame” teña, será a gañadora, e se hai empate , decidirá un xurado composto polos membros do equipo creativo mimadriña!
- Tedes ate o 14 de xuño, así que tedes tempiño dabondo.
- Mimadriña que PREMIO: Unha viaxe en barco a última hora da tarde para dúas persoas conmigo que exercerei de guía ( eu non dirixo o barco , nin remo, nin nada parecido, estaredes a salvo) e contareivos o que queirades saber sobre os mares e a paisaxe mimadriña, vos aproveitade e facede preguntas!
Ah! é a última hora da tarde por que veremos a posta do sol dende o mar, dende o cabo Fisterra! Queredes? Pois a facer a vosa barquiña guerrileira!
Non, non tedes que enviarme a barquiña, é vosa, so tedes que sacarlle unha fotiño para lucila xeitosiña! 😉
Veña, dalle!