mimadrinha volviu ó cole

O pasado 8 de marzo volvín o meu colexio a proposta da ANPA para celebrar o día da muller cas nenas e nenos do meu pobo, polo que entenderedes que foi un día moi especial.

Faleilles de quen era eu, unha nena de Sardiñeiro coma eles que tamén fora a ese colexio. Coma sempre, conteilles a historia da miña fiestra e do que ollaba a través dela, a praia na que eles xogan a diario. A miña inspiración, as barcas de moitos dos seus páis e convideilles crear a partir do que observamos, o noso pobo o máis bonito da Costa da Morte, 😉

Fixemos figuriñas, un barco, un avión, un paxariño… e detrás de cada figuriña unha historia, por que detrás de cada peza que creamos hai unha conto e iso ten valor, é patrimonio que adquiren, amárraos á terra na que viven e axúdalles a recordar o aprendido.

Gustoume estar alí, gustoume estar cos rapaces do meu pobo, gústame que agora teñan unha historia máis que contar sobre Sardiñeiro e gústame especialmente o colexio público de Sardiñeiro, no que eu estudiei dende parvulitos ata 8º de EXB, alí nese cole de aulas enormes, onde varios cursos convivíamos na mesma aula, de paredes brancas con vistas o monte, fun moi moi feliz e iso que  non era deses que tiñan dibuxos nas paredes, nin unha horta, nin unha biblioteca con moitos moitos libros, pero era un colexio que si tiña un patio enorme de terra que o  rodeaba , unhas árbores que levan alí moitas xeracións, uns columpios de ferro, que algún que outro disgusto me deron e un campo de futbol de gravilla que ademais era o campo da festa cun palco onde en fin de curso facíamos teatro, era un cole onde os profes coñécian ben os rapaces, era un cole con bos mestres: Sara, Carballo, María Xosé, Loli, Jorge, Andres ou Xosé Manuel.

Volvín o meu cole que xa é moi diferente, por dentro é de coloríns e ten un montón de dibuxos nas súas paredes e ten unha biblioteca enorme que ten moitos ordenadores, ata un teatro ten! Meu cole agora segue a ter poucos nenos e nenas e cada vez menos mestres, pero cónstame que son bos mestres.

Gústoume volver o meu cole e gústame este blogue que fala de coles coma o meu e de bos mestres:  innovarteinfantil.wordpress.com

Graciñas as nais e pais que contaron conmigo e eu encantada de tentar ser unha boa mestra por un día!

Colexio de Sardiñeiro

A foto que vedes arriba é do 1985 no patio do colexio de Sardiñeiro, a mestra é Sara, a miña primeira mestra coa que gardo todavía unha boa amizade, e por ahí estou eu, a ver se adiviñades quen é mimadriña!

Se queres ter máis info deste obradoiro, ou pertences a algunha entidade e estas interesado/a, ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com.

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: