grazas 1000!

Oh! 1000!e desta vez non fixen mil barquiñas!
non! 1000 persoas que acompañan o meu ollar dende esta ventá!
1000 gústames no facebook, mimadriña!
Graciñas!
 e non teño nin idea como moitos e moitas chegaron a pousarse a miña ventá,pero hoxe que saiu o sol, gústame pensar que hai 1000 persoas acompañándome, mirando a través dela.
Esta mañá de sol de novembro saquei esta foto e non podía deixar de pensar en todos eses paxariños que neste ano e pouco me acompañades, que pousades as vosas ideas na miña ventá, que me animades …

Palmi tes que facer isto, mira este outro, vin esto e acordeime de tí, non deixo de ver barquiñas por todos lados, teño esta idea tí que farías, mira as túas barquiñas, aquí, aquí e aquí…

Tantas e tantas cousas me contades, tantas ideas compartidas conmigo, tantas propostas que facedes pensando en min, e tantas conversas compatidas! Moitas grazas a todas e a todos, eu pasoo pipa con todo isto, esto non quere dicir que non o traballe eh, ja, adícolle moitas horas a facer cousas, a contarvos cousas, a leer, ollar e de vez en cando pasear!

E tamén hoxe estes días estiven de celebración, pois xa superei os 200 artigos neste blog, este xa é o 202,e as veces miro atrás e doulle doble clic e gústame sorprenderme re-descubrindo historias que vos contei! Mimadriña moito párrafo escribo!

e quero enviar un bico enorme a Al, unha desas 1000 paxariñas, que o pasado mércores achegouse a min  dicirme cousas bonitas, graciñas Al, despois perdinche de vista, escríbeme vale! quero escribirte.

Gracias, xa o sabedes moitos e moitas, tento dicilo cando vos teño preto, máis para aquelas persoas que non coñezo persoalmente grazas por acompañarme.

😉

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: