“En Muxía se queres, podes”

Xa fai unhas semana que de novo Nova Xestión Cultural e mimadriña botamos a camiñar un novo proxecto, de novo en Muxía!

  “En Muxía se queres, podes” enmarcado dentro do Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades , cofinanciado pola Secretaria Xeral de Igualdade, o FSE e o Concello de Muxía, ten como propósito é impulsar a igualdade real cun formato multidisciplinar que abarca actividades creativas, tecnolóxicas e educativas, sendo ao mesmo tempo así un apoio para ás familias e os nenos e nenas.

As actividades propostas encádranse en dúas áreas de traballo:

  • O reforzo educativo: coa finalidade de por a disposición das familias os medios e recursos didácticos necesarios para axudar ó alumnado con dificultades de aprendizaxe no seu proceso educativo, cos obxectivos:
    • Motivar ó alumnado
    • Axudar á reducción do fracaso escolar e o abandono temperán dos estudos.
    • Contribuír á aprendizaxe de técnicas de estudo.
    • Consolidar coñecementos a partir da resolución de tarefas.
  • As actividades creativas: A creatividade será ferramenta principal de traballo, entendendo creatividade como a capacidade de crear, innovar, plantexar e resolver situacións a través de diferentes soportes: tecnoloxía, teas, papel, crebas, coa finalidade de
    • Estimular o potencial creativo que levan dentro e aplicalo no seu proxecto de vida
    • Ampliar horizontes e exercitar a mente con actividades artísticas e tecnolóxicas plantexados por colaboradores que traballan nesas materias.
    • Romper tópicos en canto as atribucións de xenero,  no eido creativo,  tecnolóxico, e científico.

Ains! pero o mellor deste proxecto é o equipo que hai detrás, xente que sobre todo demostra entusiasmo e ilusión polo que fai, agarrádevos que contamos con:

Cristina e Bea de Nova Xestión Cultural na xestión

Sagrario Álvarez como docente con experiencia no apoio escolar

Rafael Gaioso, presidente de MeLiSA, nos obardoiros de Scratch

Guillermo Cordeiro, experto en tecnoloxía de Arduino, no obradoiro do mesmo nome.

Paula Tubío, sicóloga e creativa en A gata moscovita, no obradoiro de autemprendemento creativo.

Virginia D, fotógrafa cun obradoiro sorpresa con moita luz!

 e Lúa Louro, deseñadora gráfica  e creadora do Creatorio nos obradoiros creativos xunto conmigo mesma que coordino todo isto!

Mimadriña querida! *

Non podo deixar de agradecer o concello de Muxía e a área deIgualdade por apostar de novo pola nosas propostas!

mimadriña querida tres mulleres xuntas en acción pola defensa do carácter creador e innovador na igualdade de oportunidades!

*sí, son moi entusiasta, xa o sei, é o que pasa cando traballas no que cres e con xente igual de entusiasta! 😉

Advertisements

About Palmira

mimadriña.com

2 comments

  1. ¡Ai, que pouquiño falta para mañá! ¡E que tanto me tarda!
    Todo un luxo botar unha man nun proxecto tan interesante. ¡A Costa da Morte móvese! 😉

  2. Pingback: Miñadriña! O que aprenden os peques de Muxía

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: