cada vez que vou a libraría A lus do Candil dos amigos Modesto e Alba en Arteixo, namoro dos libros para pequenos e pequenas que teñen alí, gustaríame ter moitos cartos para comprarlle a estantería enteira, os poucos vou facéndome con exemplares de editorias galegas,dos que os poucos vou dando conta.
máis hoxe quería enseñarvos un novo e fermosísimo libro ( sei que repito moito neste blog o de fermosísimo e mararabilloso, pero que lle vou facer, gústame contar as cousas fermosísimas e maravillosas que atopo, algún día ó mellor cambio de idea, nunca se sabe) O libro de hoxe atopeino pousado na mesa de suxerencias da biblioteca de Boiro fai unha semana, vin un peixe vermello na portada e pensei: oh, libro mimadriña! e cando empezei a pasar as follas xa caín na conta do xenial que era, os cinco segundos corrín xunto a Alberto e Bea que me acompañaban
mirade mirade, mirade o final, mirade o que hai dentro. Namorei!
pensei que tal cousa tiña que estar na miña casa, e unha semana despois, aquío teño, xa lle din para adiante e para atrás unhas 20 veces e sempre descubro unha historia nova.
penso que é un libro para persoas cos ollos “abertos” , ben abertos. penso que é un libro para xentiña que sabe ollar, e que sabe das historias das cousas e acontecementos cotiás, e o final? mimadriña fermoso a rabiar!
despois pensei en fotografialo e facer un vídeo fermoso, pero xa non fixo falta, atopei iste da propia editorial!
Ains, vai tesouro, sigo querendo a Jimmy Liao,non vaiades a creer! eh!
* e sí, as boliñas de papel que saen na foto son mimadriña, ja!
Oh!