fai unha semaniña que estiven no CEIP de Frións en Ribeira, xusto antes do Samaín, e tíñades que ver o pedazo concurso de calabazas que tiñan alí en exposición! Pero o que máis me gustou dos elementos decorativos foi un tiburón e unha balea enormes, dibuxados en papel polo pasillo, mimáaaaa eran grandes tamaño real! Contáronme que dentro do programa do cole, este ano o tema era o mar, así que xa sabedes entón que eu estaba en bo lugar! 😉
fun a Frións a pasala mañá e contarlle a tódolos pequenos e pequenas do cole ( sí todos, un montón, mimadriña querida!) que é mimadriña, o que fago e os contos que eu sei, e como non, ensinarlles a facer barquiñas de papel, peixes, redes….
o que non lles contei e que eu teño unha historia curiosa moi bonita vinculada a Ribeira e a palabra mimá! foi algo que me pasou fai uns anos vivindo e que ben podería ser guión para unha comedia romántica, jajajjaja , unha historia curiosa que ademáis ilustra a primeira vez que eu chatei, jajajaj máis esa historia gárdoma para min, pero foi divertido pensar: mimá estou en Ribeira! e unha vez cun mimá coñecín a un bo amigo de Ribeira polo interné e aquí estou agora, moitos anos despois cun mimadriña de papel! 😉
E cando vas vir ao noso?, que non nos esquecemos do prometido, jijiji… o que non chora non mama.