A semana pasada volvín a Ourense, e sempre sempre volver a Ourense é en certa maneira volver un pouquiño a casa!
Participei no Pecha-Kucha Ourense no Café Auriense, o terceiro no que participo, jajaj esto de falar a toda velocidade é moi meu!.
Fun soíña, máis sabía que alí ía estar xente moi faladeira e xente de preto, de feito a Costa da Morte estaba moi ben representada aquela noite, pois alí estaba Lúa do Creatorio que tamén participaba, e ademáis contoume que ela estaba moito polo “Sardiñeiro”, polo Sardiñeiro? mimáaaa, Lúa fichada!
Descubrín que María Arias, unha das promotoras do Pecha Kucha e da proposta de Cosmogonía, tamén era da nosa costa! Mimadriña querida sómosche moito!
E tamén estaban as mozas de CORREVEYDILE , cas súas propostas de dinamización no eido da cultura do feito a man e a creatividade, unha moza que ten un blog de moda Keep Calm and Carry Ou, por certo sei que os blogs de moda móvenche moito axetreo e que galicia ten unha boa canteira, máis teño que confesar que eu bloguera convulsiva, non sigo ningún, un día destes terei que poñerme a ver que pasa por eses mares! Estaban os tres mozos de PIB- Produto Interior BRUTO que andan a facer unha web serie dende Xinzo, as dúas mozas de Our Happy Days, todo sorriso e dozura, jajajja, partinme de risa con elas con esa maneira de explicar o seu proxecto tan, todo era felisidá como o nome da súa proposta, cheguei un chisco tarde o Pecha Kucha pero din vista a VOU! Axenda.com. Pero foi xenial xenial, ver no Peha Kucha as mozas de Down Ourense, falando do seu traballo nunha proposta que leva moitos anos andando na cidade, foi xenial e ultimamente teño a seguinte reflexión: agora que hai Pecha Kucha en tódalas cidades e os que vin sempre cun montón de proxectos do eido cultural e creativo, preguntábame por que o sector social e das ong non adoptaba este formato tan tan de moda ultimamente para expor as súas propostas, os pecha Kucha son unha tendencia, que co tempo pasará, pero creo que neste intre onde o social sufre unha forte crise, sería estupendo adoptar este formato para que a xentiña coñecese propostas no eido social e miniproxectos que habelos hailos e moitos e moi bos, así que deixo a proposta aquí para quen me lea, e fareillela chegar o colexio de educadoras/es sociais de Galicia esta reflexión a vindeira semana, xa que participo nun dos seus encontros, xa vos contarei máis disto.
Ben por Down Ourense! Ben polas mozas de Cosmogonía que promoveron este Pecha Kucha, ben por Olaia que sacounos estas fotos, nelas saímos eu e Lúa. E super ben polo grupo de Educadoras, educadores e xentiña riquiña que se achegou a min o final do Pecha Kucha para falar de cousas, jajaajaj que risas, eu paseino pipa e eles e elas falarónme deste proxecto: http://entreparadasourense.blogspot.com.es/