Ola Carla como vas?

leo no teu blog o último que escribes e penso que déboche moito, e quero escribirte isto:  vexo que estamos nun momento ata parecido! Eu ando facendo moitas cousas cas mans, e traballando moito nun montón de lugares grazas o que fun creando en mimadriña, pero neste intre cando chego a pantalla en branco para escribir no blog, cóstame moito, agora gústame máis facer, sexa co papel,cos vídeos, cas fotos, pero mira! eu tómome as cousas así, hai momentos que teño máis ganas de blog e outros momentos fago máis cas mans ou apetezeme ir camiñar, so iso. para min mimadriña está ahí sempre, e so quero escribir cando me sae realmente do corasón, non pasa nada que non queiras escribir, todo ten o seu momento! E si decides non escribir máis no teu blog, tampouco te sintas mal, non pasa nada, a vida é iso, etapas e experiencias, e si o corno do boi remata ,outro blog nacerá, ou outro proxecto, pasoume tamén cando deixei de escribir en insomniorizar e o noso amigo Víctor tamén pasou por iso . Eu empezei mil cousas, mil cursos, formei parte de grupos…Non pasa nada Carliña, ti vive, eso é o importante, empápate das cousas, sigue a transmitilas sexa na rede ou ca xente que tes arredor, e sorrí, sempre! por que eres moi grande e co tempo cando medres e vexas este blog dirás: mimadriña! Non teñas dúbida nunca do importante que é este blog. Para min o foi e o será. E a mamá dille da miña parte que tamén é moi grande por criarte a tí e a Joao, todo isto saiu do seu ser, así que mimadriña querida! Dille tamén que eu estou encantada de que escriba cousas neste blogue, pero eu creo que ela debería ter o seu propio blogue, co seu propio espazo para a súa reflexión e esas cousas, que ela xa sabe, por suposto que na presentación do seu blogue novo ten que dar conta da súa pegada no teu blog, pero ela é moita nai, e debe ter o seu propio blogue de nai, estarei encantada de seguila e sei que ten o potencial para que ese novo blogue sexa moi grande!

Carla quérote moito, pasao ben, aprende moitas cousas e sigue recitando polas praias, para tí mesma primeiro e despois quizáis para os que adoramos a túa xenialidade! Bicos. Fai o que tí queiras!

Advertisements

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: