3000 mimos

mimadriña! 3000?

a estas alturas xa estou pensando que o nome da miña proposta está a condicionar moito o meu traballo, ultimamente cada vez que me chaman para propoñerme algo so podo contestar: mimadriñaquerida!

foi o que pasou cando me chamaron de Congrega para que fixese unha proposta mimadriña para  o programa Mimocardio promovido pola Sociedad Española de Cardiología, que organiza anualmente o SEC 2013, o maior congreso español das Enfermedades Cardiovasculares,que se celbra esta fin de semana en Valencia. cardioloxía? estamos falando do corazón? mimá!

que podía artellar eu, que podía aportar, tiña unha consigna: que sexa algo feito con mimo, o tema é o corazón e os mimos! coidar o teu corazón! ahhh entonces entendín por que contaban conmigo!

xa está! mimomensaxes, colle, bica, sopla, e lee! Esa foi a miña proposta para difundir este novo programa para o coidado do corazón.

e aquí tedes como foi o proceso, 10 días, 80 horas intensas facendo mimomensaxes, colle, bica, sopla e lee o corazón, os mimos dentro dunha folla de papel.

tantas horas, tantas mensaxes, pousadas esta fin de semana, e sí é emocionante que tres mil  mimos saían de Sardiñeiro e cheguen os corazón de tanta xente.

O stand? impresionante, de que material? jaajajaaj. de que vai ser de cartón, producido por Carton Lab e na compaña de CírculoCuadrado que fixeron un video difusión do proxecto.

Por certo, non sería posible sen o traballo dos meus empleados por uns días: Graciñas a Sebastián, Iago, Brais, Alba,Paula, Jose e Sitota, que puxeron o seu mimo e acompañáronme nestes dez días tan tremendos! Como diría miña avoa, o que algo quere, algo lle costa! mimá! Ahora ríome, pero foi mimadriña querida!

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: