que é o origami, o como facer o que queiras dunha folla de papel!

xa ía sendo hora que contase neste blog que é iso do “origami” ou como eu lle digo “cousas xeitosas en papel, ata algunhas veces algo falei do tema e nos obradoiros que fago sempre o explico, pero hoxe tocoulle aquí:

o origami é unha arte enraizada na cultura xaponesa desde hai séculos: os seus inicios foron os “noshis”, ofrendas que se facían nos templos budistas envoltas en papel de cores primorosamente dobrados (1). co tempo foron nacendo figuras complexas como o páxaro, a famosa grulla da que xa vos falei moitas veces ou a ra e estas figuras  transmitianse de xeración en xeración por medio das nais, que llas ensinaban ós fillos e fillas.

pero o nome origami naceu no século XIX a partir dos terminos “oru” dobrar e “kami” papel. actualmente o origami é coñecido e practicado por persoas de todo o mundo, e dunha “manualidade” tradicional está a pasar a ser unha afeción intelectual e científica que co seu estudo deu orixe a diversos teoremas matemáticos e é referencia na topografía, ademáis ultimamente tendencia na decoración e a publicidade entre outros ámbitos. eu fai un tempo descubrín que a nivel educativo ten moita potencia, non solo pola súa beleza visual senón tamén pola súa versatilidade en procesos educativos e creativos.

sempre tento deixar moi claro que mimadriña faise dunha folla de papel (2), un material moi sinxelo e cotidiano ( aló menos na nosa sociedade), pero poucas veces pensamos de onde ven o papel ou cando empezou a formar parte das nosas vidas.

cando os homes inventan algo, moitas veces non fan máis que descubrir o que xa existe na natureza (3). isto mesmo é o que sucedeu co papel. inventando no primeiro século de nosa era polos chineses, máis xa era coñecido, quizá desde millóns de anos antes, por un certo tipo de avispa chamada cartonera que para construír os seus niños fabricaba unha especie de cartón masticando con saliva diminutas poliñas de madeira (4).

considérase tradicionalmente que o primeiro proceso de fabricación do papel foi desenvolvido polo eunuco Cai Lun, no S. II d. C. Entón usaron fibra de bambú para a súa fabricación. durante uns 500 anos, a arte da fabricación de papel estivo limitado a China; no ano 610 introduciuse en xapón, e ao redor do 750 en Asia Central. o primeiro libro da historia, imprimiuse en china no ano 868. Trátase de “o sutra do diamante”, por Wang Jie.

cando os chineses fixeron o seu descubrimeinto, e mentras os pobos da conca mediterranea utilizaban como materiais de escritura diversos produtos: o pergamiño feito de pel, de cordeiro, o papiro exipcio feito coa planta do mesmo nome, o líber (cortiza) de tilo, de arce ou de plátano utilizado polo imperio romano.

pero sabiades que tivo que trascurrir case un milenio para que o papel, tal como os chineses inventásena chegase a europa?
no século VIII un grupo de prisioneiros chineses practicaban esta arte en Samarkand (5) (hoxe cidade rusa). pronto esta industria chego a Damasco e Bagdag. é no século XII cando os arabes introdúcena en españa e desde aquí esténdese a Francia e Italia.

con todo, só é a partir de 1440 cando se inventa a imprenta cando a fabricacion de papel empeza realmente a desenvolverse até chegar a cnvertirse nunha verdadeira industria no século XVIII a raíz da invención da maquina de fabricar papel.

o papel é unha sustancia porosa constitida por pequenas fibras de celulosa entrelazadas. empézase por mergullar estas fibras en auga extendiendolas sobre unha tea metálica. A auga se cólase e  entón as fibras entrelazadas póusanse sobre a tea formando unha capa pastosa; esta capa, unha vez seca e despegada, constitúen o papel.

hoxe en día o papel fabrícase cunha maquinaria moi complexa que realiza este proceso con extraordinaria rapidez, e moitas destas factorías son moi moi contaminantes, por iso temos que ser responsables no uso que facemos deste material con tantas e tantas posibilidades (6).

Toda esta informacón a tedes na rede e podedes ampliala, eu moitas destas historias as lin en libros como: “papeles alegres” un libro publicado no ano 1975 da colección kinkajú da editorail SGEL, un libro que caiu nas miñas mans emprestado por Pablo, un neno de Sardiñeiro que de cando en vez ven a miña casa a inspirarme.

eu claro, que son de sacarlle contos os contos, detrás de todo esto que vos contei véxolle un montón de reflexións que destaquei en negrita:

  1. Origami: ofrendas feitas a man con moito agarimo. Claro! eses son os mellores regalos, aqueles que son feitos a man e con mimo que ocuparon o tempo desa persoa e que mentras o facía pensaba en tí, regalazo!
  2. mimadriña naceu dunha folla de papel interprentando o que vía eu dende a ventá da casa, nese primeiro momento non tiña nin idea do que ía pasar despois, vedes, non despreciedes o valor do cotidiano e das cousas que pasan día a día, por que desas cousas saen outras moi fermosas e incluso unha idea de autoemprego, jajja, o autoemprego é un proceso, e hai algúns que medran sen plan de empresa.
  3. inspirémonos na naturaleza, ollemos o territorio, a paisaxe, opatrimonio inmaterial e os pequenos bichos, temos moito que aprender da súa observación, ademaís pensade que cada terra ten unha natureza diferente e iso vai marcar moito o que cada un de nos fagamos , mimadriña non sería o mesmo se vivise no deserto de Richtersveld en Sudáfrica.
  4. jjaja vale, xa está, xa atopei a explicación o feito de que eu sexa guste de xogar co papel e de recoller paus e ramallos na praia, son unha avispa cartonera! jaja
  5. Para min e sen coñecer moito a historia destes prisioneiros de Samarkand, é salientable que algo tan fermoso e delicado como é o origami sexa froito de un traballo dun home ou unha muller privado de liberdade, para min encerraeste feito moita poética e sempre pensei que debe dentro das prisións debe de haber verdadeiras mentes e conversas filosóficas e poéticas nas cabezas de algún “observador da quietude”
  6. busquei poductores de papel artesal na miña comarca, non atopei ningún e ampliando territorio sigo buscando, para facer de mimadriña un producto 100% feito en Galicia, se sabedes sobre o tema, xa me cotaredes, e se non aparece, un día destes vou ter que empezar a recoller ramiñas como a avispa cartonera e facer o meu propio papel. jajajja

besis, besis, e xa vedes a miña interpretación de todo isto, ramiñas da praia de sardiñeiro, e figuriñas de origami! 😉

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: