eu son moi de soñar a todas horas, soño máis do que navego, por moito que teña un astillero de barquiñas de papel, e xa me gustaría navegar máis; teño que facerme unha barquiña de madeira ou como dirían algúns amigos casamenteiros, buscarme un mozo mariñeiro!
máis xa vos digo tamén que soñar, navegar ou poñer unha horta en solitario é gratificante, sí, pero tamén ás veces un chisco aburrido, por iso tento rodearme sempre de boa xente coa que soñar e facer cousas, aprender con eles e elas, dar ideas e compartir ferramentas.
quero escribir un montón de contos e historias que me pasan pola cabeza cando penso nos intres que compartin xa con Bea, Cristina e Alberto de Nova Xestión Cultural, quero contarvos daquela primeira conversa por teléfono mentras estaba sentada no borde da cama, e como empezou todo, máis últimamente son de amosar o que sinto a través das imaxes, por iso este vídeo. no borde da cama, onde nacen os soños, cas miñas barquiñas, cos debuxos de Alberto, Bea, Cristina, Sabela e Roi,por que coñecelos foi mimadriña querida!
e mimadriña querida as cousas que faremos xuntos, proxectos educativos e culturais dos que ides namorar (eu namorei), irei dando conta deles! e mañá xa da comenzo un en muxía!
e recordade:
soña,comparte e colabora.
asegúroche que os soños medran e medran como as barquiñas na miña almofada!