as persoas que xa coñecedes o meu traballo sabedes que non hai fotocopiadora que valga, xa que cada cadro, ou cada barquiña, peixe, centola, son produto das miñas mans e de adicarlle un tempiño.
doblar, doblar, cortar, doblar, doblar, doblar, doblar, doblar, ordenar, pegar…. é así parte das horas.
E todo isto da moi choio, as veces penso, mimadriña! se eu tivese unha fotocopiadora desas 3D que imprimise figuriñas de origami, sería toda unha revolución para a miña produción de barquiñas, vos coñecedes tal trebello, hai alguén na sala que poida facerme unha impresora de origami? Jaaaaajajaa
máis o traballo de pasar horas e horas co papel, non é tempo perdido, pois todo este proceso ten o seu “aquel”, a súa maxía como diría unha entusiasta, aínda que eu non son moito de creer na maxia.
o que sí percibo co paso do tempo e que está a mudar en certa maneira a miña percepción sobre a creación, os procesos, o tempo, a fotografía e o sentimento de perda.
tento documentar todo os meus traballos con fotografías, pero tamén as historias que pasan entre cadro e cadro, entre dobladillo e dobladillo, e iso, as fotos ,os contos no blog e as persoas que coñezo é o que me queda, que non é pouco, é o máis importante!
máis cando fas algo cas mans, no espazo no que vives, pasas tempo en acomodalo nun paquetiño e envialo a outro lugar, co tempo descubres que xa non forma parte do teu espazo e non podo evitar ter certo sentimento de “perda”. o principio non era consciente diso, pero fun mudando e estes días que ando a ver as fotos do que levo feito, observo como o meu espazo de traballo vai mudando, de cheo de figuriñas a baleiro, pois iso, cando vou a algures e vexo unha guirnalda miña, un cadro, un escaparate…. para min é moi moi emocionante, e non é ser cursi, é así, e penso, uis que bonito! pero iso fíxeno eu? mira onde está!
estes días ando a mil, dobrando, cortando, pegando… e facendo cousas novas que me apetecía facer, como redes de papel, xa veredes que impresionantemente quedan nos cadros.
e claro! poñome a pensar en todo isto que vos conto, e penso nas redeiras, e o que fan, un aparello que sirve para pescar , alimentar… e comprendoo todo moito mellor, que é crear, facer, a importancia do valor do proceso, e da importancia de ser consciente de todas estas cousas.
tremendas fotos! como lucen o traballo que estás a facer.