A salga do peixe

fai uns días faleivos disto, e hoxe quería contarvos que dende esa visita de fai uns meses empecei a cabilar nun proxecto de interpretación artística e persoal sobre as cousas que alí escoitei de boca de Manolo.

hoxe quero ensinarvos un pedaziño dese proxecto, algúns de vos xa coñecedes este pedaziño, pois seguídesme moito en todo o que fago nas diferentes redes sociais,pero hoxe vou contar un pedazo do que hai detrás destas imaxes.

sabedes que sempre traballo co papel, con sardiñeiro, pois ben, non vou moi desencamiñada desta vez, quedade co conepto” follas de peixe” jajajaja

históricamente sempre se buscou unha maneira de conservar o peixe, primeiro para asegurar que os excedentes aguantasen para épocas de escaseza e despois para permitir o comercio con outras vilas e aldeas.

a conservación do peixe e o seu comercio foi un sector que sempre tivo unha grande importancia na economía de Galicia ; a principios do século XX había 363 fábricas de salga,  38 de escabechado, 106 de conserva,  unha desas estaba en Sardiñeiro, a conserveira de Sardiñas do Sardiñeiro de Andrés Cerdeiras,  a suma de todas elas empleaban a 15.768 persoas, principalmente mulleres.

na nosa terra e a beira do noso mar, todavía se conservan secadoiros de peixe, coma estes que documentan o Proxecto Buseranas, e isto deume a pista para facer a miña propia interpretación de este pedazo da historia de Sardiñeiro, das vilas costeiras da miña comarca  e de Galicia.

mmm, ben!  teño este pedazo de historia, son de Sardiñeiro, sei facer peixes de papel, miro pola ventá e teño a horta chea de follas secas, Mmmmm! follas secas, follas de bacallau, follas de peixe, follas, follas papel, xa está, jajaja, mans a obra. ( Así funciona a miña cabeza)

recollin as follas, limpeinas, pinteinas, cosinas ca máquina centenaria da miña bisavoa,colgueinas e listo, teño o meu propio secadoiro de peixe  feito no Sardiñeiro con productos da nosa propia horta, jajjaja!

son fermosísimas, e no Campamento de Muxía 2013, fixémolas e foi toda unha experiencia propia de toda unha factoría da salga! 😉

Se queres ter máis info deste proxecto, ou estás interesado nel, ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com.

About Palmira

mimadriña.com

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: