museo do mar de fisterra

agora que rematou o verán e teño máis tempo diante do ordenador, non quería deixar de contarvos a derradeira visita que fixen o Castelo de San Carlos en Fisterra, onde se alberga o Museo da Pesca de Fisterra, e onde poderedes atopar a Manolo, o poeta Alexandre Nerium que polo seu coñecemento do mar, polo seu sentimento mariñeiro, e pola súa dilatada experiencia e pola súa calidade poética convérteno no mellor guía local e embaixador do meu concello e polo tanto este museo é sitio de visita obrigada en Fisterra.

é toda unha delicia escoitar a Manolo co seu falar Fisterrá: dominko;  “ninkén, ninkún,  linkeirón,  palankre”,  sen guión e sen ese ton que adquiren certos guías despois de repetir a diario o mesmo discurso, non !, Manolo sabe ben do que fala, e iso da moita tranquilidade; nótase moito en conferencias e conversas cando unha persoa fala do que cree e do que vive , sexa falar de contos, ciencia, lingua ou arte, cando falas do que amas, nótase! e gústame, por que xa van moitas as visitas que fixen a este museo, que case sempre escoito historias novas, que non se repiten e si ides con rapazada, veredes como quedan atontados mirando para él..

se ides por Fisterra non deixedes de visitar a Manolo, e si sodes capaces de apartar a vista mentras fala, ollade algúnhas das cousas fermosas que alí atoparedes, eu nesta ultima visita quedei parva con algúns dos rincóns que ensino nas fotos e clic! ideón, xa vos contarei o que me pasou pola cabesa!

o Castelo de San Carlos, datado no século XVIII, fíxose coa intención de defender a ría. Tempo despois, rehabilitado no 2006, convértese en museo do mar. Unha pequena exposición móstrache  o percorrido da pesca fisterrá  até os nosos días. Descobres a importancia que tivo a pesca nas aldeas e pobos costeiros ao longo dos tempos, e o valor patrimonial, cultural e etnográfico que se xerou ao redor da explotación dos recursos mariños na zona. Abre todos os días de xullo e agosto,o resto do ano, só abrirá os fins de semana.De 11.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 h . De todas maneiras este é o teléfono por se queredes chamar antes de ir, non vai ser que este pechado no inverno.

Plaza de América, s/n 15155 – Fisterra

Teléfono: 981740707

.

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: