un retrato sen rematar

esta é a historia dun cadro de Chichí. é a historia dun cadro sen rematar.

a nena que vedes no cadro son eu e o cadro é un dibuxo exacto da típica foto que nos sacaban no cole tódolos anos e  que vedes máis abaixo, a data da foto e do 1985 e o cadro comenzouse no 1986.

durante anos estivo apoiado no chan contra unha parede nun piso da Coruña, xunto con outros moitos cadros do meu irmán que quedaron alí, como recordo dunha época moi creativa do meu irmán, aínda que dicir iso é un pouco inxusto, xa que el mantén a súa creatividade o 100%.

durante anos seguinlle a pista a este cadro e sempre gustei del así, sen rematar. Pedinllo moitas veces, máis el dicíame que cando o acabara sería para min, e esperei paciente moitos anos e de vez en cando preguntaba por él, e nada de nada, ata que fai n par de anos, vin que este cadro chegaba a Sardiñeiro e dixen, uis! esta é a miña e fíxenme con él, foi case un roubo, jajajja. un día entrou Chichí a miña casa e díxome que estaba sen acabar, e eu dixenlle que daba igual que non quería que o rematase, gústabame así, sen rematar, coas manchas do tempo, co proceso aberto, coma min.

gusto das cousas que teñen historias detrás, non rematadas, con marcas do tempo, por eso recollo crebas, por iso “namoro” da xente que ten “historias detrás” , que sempre está en proceso e pensaredes: “ai! palmiriña, se todo o mundo está en proceso!” e  eu direi: “non oh!, non todo o mundo, coñezo moita xente que o acadar certa comodidade rutinaria quedou ahí, como rematada, sen máis soños que os que acadaron ata ese intre”. Bueno, non é que xulgue a esa xente, cada un que faga o que queira e que sexa feliz, máis eu so digo que gusto da xente “en proceso”. e gústame a xente que conta historias da súa vida e vainas reinterpretando co tempo, convertindo en ficción a realidade que un día foi.

gústame ter un retrato así, porque non rematou o seu proceso, gústame porque ten as marcas do tempo no seu lienzo, porque pasou tempo a espera ata que un día alguén contou a súa historia, gústame porque non ten cores, gústame  este cadro porque me gusta contar que non te fin, gústame este cadro por ser un dos escasos retratos que fixo meu irmán Chichí.

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: