Juan e a papirofexia

Juan é o neto de Maruja e Juan (I) (II) (III) (IV)

esa afirmación xa dí moito!

xa varias veces expliqueivos que todo este aquel que eu teño por facer cousas cas miñas mans heredeino de Maruja, e o ollo e o gusto pola fotografía de Juan, de observalos, de escoitalos durante os meses de setembro que eles viñan de vacacións dende o meu primeiro ano de vida ate os quince anos.

e por segundo ano consecutivo este mes de setembro tamén é o mes de Maruja e de Juan, o seu neto, eso sí con moitos anos de distancia entre os encontros e sendo eu agora a ue vou visitalos no mes de setembro.

desta vez descubrín algo que me impresionou moito e que desoñecía, a  teima  de Juan coa papiroflexia, origami ou como me gusta chamarlle a min, coas cousas xeitosas de papel. faloume dun libro que ten el dende fai moitos moitos anos, que eu descoñecía e que agora grazas a él descubrín e que é todo un clásico dentro da papiroflexia:  “Papiroflexia” de Eduardo Clemente

mimadriña querida que librazo, e que non so explica como facer figuras clásicas, e que o tipo é un crac e inventou figuras como un carro tirado por un boi, ou un paxariño nunha xaula, e si todo feito cunha folla de papel, unha folla de papel, unha folla de papel!

Juan ensinoume unha caixa moi fermosa que lle regalou a súa irmá Covadonga, con folios cadrados de cores e un minilibriño para facer origamsis do mar, e mimadriña querida! que fermosa, que mimadriña! eu quero unha destas, non pararei ata facerme con unha.

pero agora, escoitade e mirade ben,ensinoume outro libros sobre origami feito polos seus irmáns, eses dibuxos que vedes estan feitos a man, o libro esta feito a man, forrado,cosido, todo todiño , mimáaaaa!

claro con todo isto, chegou o momento reto e pique entre os dous, eu fixen unha grulla e el fíxome duas pajaritas cun mesmo folio que se bican! Vale vale, gañoume! doume por derrotada! jajajjaj Juan é moi crac! E a partir de agora inspiración para min.

o mellor, darme conta que o legado de Maruja e Juan seguía conmigo, era setembro e alí estabamos a filla de Maruja, que tamén se chama Maruja, e Juan e Covandonga, netos, sentados arredor dunha mesa facendo cousas cas mans. Juan estaba sentado na butaca da súa avoa, onde tantas e tantas horas ela pasou construíndo o mundo cas súas mans. foi todo un dejavú!

Moitas grazas polo agarimo, moitos grazas por tanto e tanto e máis que virá.

Felís cumpreanos Juan!

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: