Oscuridade escorrendo polas costas


ventá mimadriña

“Un día mirei pola fiestra e pensei que bonito sería encher o mar de barquiños de papel de cores” así empezou un soño e así empezou un día mimadriña.ventá mimadriña

Un día mirei pola fiestra e ollei como un deses pesadelos recorrentes na nosa terra, nas nosas xentes e no noso mar, volvía os meus ollos; a negrura estaba de volta e non había barquiñas de cores que a puidesen borrar ese pensamento. Dinme conta que o que estaba a ollar pola ventá non era un mal soño, cando cheirei ó queimado! Nos soños non hai cheiro, polo menos nos meus, e neste había.

Dende a miña venta no Sardiñeiro, vense as barquiñas,os paxariños, algún peixe saltando, os veciños e as veciñas pescando no porto, a rapazada xogando na praia, as vellas ó sol e a Lobeira, o areal de Carnota e o cumio do Monte Pindo, teño unha desas venás das que hai poucas, máis hoxe teño unha vista chea de fume e cinza!

Fai uns días contábavos que marchaba de vacacións un días, e hoxe cando cheguei teño a sensación de abandono, a sensación de deixar un prezado ben e voltar e xa non estar, ardeu!

A estas alturas xa veriades centos de imaxes correndo polas redes sociais e os telexornais, imaxes terroríficas pero que seguen a pesares de todo demostrando a intensa beleza desta comarca, eu fixen esta pequena montaxe ca miña venta mimadriña e unha imaxe de Marcos Rodriguez Fotografía espectacularmente terrorífica eapesares dos arrepíos,nas fotos de marcos vexo que hai unha certa esperanza, a beleza está ahí, hai que borrala cinsa, darlle lus!

mimadriña cadro origami

foto de Marcos Rodriguez Fotografía

Hai tamén centos de lecturas e opinións, que xa leriades, máis eu sei ben que aquela xente que coñece e ama esta comarca, sabe ben da dor. Este verán disfrutei moitísimo de Carnota, grazas a intensidade do amor a esta terra que me ensinou Santi Llecha, namorei de Quilmas, da Boca do río, de Louro e non houbo visita na casa de Mimadriña que non visitara estes lugares, mimadriña querida eles e elas saben ben desta rabia, mecajiná !Non haberá lumes negros nin mares negros que poidan apagar a luz destas terras e destes mares penso para tentar acougar. Como dicía un amigo meu, sodes bravos na Costa da Morte e non hai negro que poida borrar a luz que aquí hai nos solpores! Virán agora as choivas e si nada se fai, veremos a lava negra escorrendo monte abaixo, asolagando as vilas e tinguindo o intenso azul fermosísimo da praia do Pindo, iso é o que temo, e isa é a metáfora de como me sinto, unha negrura escorrendo polas nosas costas, que vai tinguir de escuridade ata as bágoas.

Fai uns días falaba cun bo amigo, con Alberto de Boiro, sobre como vía as cousas, eu que tendo a ver sempre o lado positivo, non podo deixar de ver ultimamente que hai unha negrura da que parece que xa non nos podemos defender; si hai meses pensaba que estábamos no momento xusto para loitar contra ela ou deixarnos escravizar para sempre, agora a estas alturas, xa perdín a maioría da esperanza, a negrura instalouse, xa somos escravos dela, e nin os veciños e veciñas mais feros que saíron a defender o monte e o mar noutras ocasións cas súas mans, van poder dar a luz necesaria entre tanta escuridade.

Sí, hoxe as vistas dende a ventá de mimadriña son negras e arrecenden a cinza, e non podo consolarme pensando que as cores volveran co tempo, que cura as feridas e que temos a costa máis brava e forte que de todas sae. Non, hoxe non quero pensar que o tempo o vai curar, quero soñar para evadirme e quero soñar con que non imos deixar pasar o tempo, que imos ser os que recuperemos a luz, sexa recuperando o monte, defendendo o mar, e o máis importante, xulgando e expulsando os culpables deste paraíso para sempre!
Non quero que o tempo cure as feridas, curémolas nós, sexamos luz entre tanta escuridade.

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: