
Foto de Paulina Funes
voume, recollo o verán! ou dito de outra maneira, voume de vacacións!
nos últimos 4 anos sempre disfrutei das miñas vacacións en setembro, e xa se está a convertir nun ritual de peche de verán e comenzo de ano novo, sí de ano novo, por que eu son desas persoas que sinten que o ano empeza cando remata o verán, para min é o peche de ciclo.
voume, uns días , non moitos, e onde vou non hai mar, nin praia, nin serán lugares moi bonitos, pero da igual, vou a estar con xentiña que lle gusta estar na casa, en silencio, lendo cousas, non vou ir ver moitos sitios, nin museos, nin cear en lugares espectaculares, nin farei actividades lúdico deportivas, pero vou ir ver a xente que me quere moito e que normalmente non vexo máis que unha vez o ano, ou cada lustro, e o que si vou e a encherme de mimos! e vou ir ver a Maruja de novo, como fai un ano, que sei que me vai recoñecer, e iso sempre da moito moita felisidá!
e iso, volverei dentro duns días, chea de mimos, a Sardiñeiro, a un lugar con mar, con praia, bonito, pero as veces lonxe da xente que me da mimos!
Espero que te empapes de mimos a tope, que sexas moi feliz!