Barquiñas de madeira que antes foron barquiñas á deriva. Crónica da Feira Franca!

sabedes o anuncio ese de un pau, un pau, un pau! Eu cando o vexo non podo deixar de rir, xa que acordo cando  vou a praia cos sobriños e sobriñas e empezamos a gritar un pau, un pau, un pau, cada vez que atopamos un xeitoso!

Levamos anos recollendo paus para despois argallar cousas, pintalos, facer xoguetes…, e este  sábado dímoslle un uso ben chulo a un pau!

Estiven na Feira Franca de Pontevedra cun mini-asteleiro medieval, alí conteilles quen son as crebas, e quen os crebeiros e raqueiros, que orixe ten a madeira que chega as nosas costas e bueno en xeral pasamos un día intenso de elaboración masiva de barquiñas e algún que outro sombreiro de papel para protexernos do sol!
O dito, agora xa sabedes que se pode facer con un pau, un pau, un pau! 😉 e se queredes inspirarvos mentras provades a facer unha, escoitade isto.

E graciñas de novo a Bea, Cristina e Alberto, mimadriña querida! A Edwin e Ana por acollerme, e a Simón, Joel e Víctor que este verán axudaronme a recoller paus na praia do Rostro!

Se queres ter máis info deste obradoiro, ou estás interesado nel, ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com.

About Palmira

mimadriña.com

One comment

  1. Pingback: “Taro” inpiroume | Mimadriña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: