Na libraría A Lus do Candil, moito conto teñen!

Vaia fin de semana intensa esta, mimadriña!

O venres estiven na Librería A Lus do Candil de Arteixo, alí argallei figuriñas xeitosas de papel e contei contos , entre eles lin algúns versos do poemario “Patente de Corso” de Rafa Villar, un libro cheo de barquiñas de papel e un imaxinario moi divertido sobre o mundo pirata!

Dicir que foi moi emocionante poder estar entre os versos de poetas moi inspiradores para min, como os de Estevo Creus, Modesto Fraga Moure, Rafa e Miro Villar, Alexandre Nerium ou María Lado, xentiña moi “crac” como os versos do océano de Xosé Iglesias dos que non podo deixar de ollar no seu canle do youtube, xentiña da Costa da Morte que motivou moitos dos meus soños!

Cando era noviña ( ja) máis noviña todavía, tiven un momento fan perseguindo o Batallón Literario da Costa da Morte, alá onde ían ou recitaban e pensaba, mimadriña querida, que xenial, algún día eu tentarei facer algo bonito co meu Sardiñeiro de fondo, o que nunca pensei e que sería algo como mimadriña! 😉

Podería contar centos de cousas sobre os libros e poemarios destes autores e das ducias de outros desta comarca tan prolífica en versos  ó mar. Durante anos lin “Areados” de Estevo Creus, un libro que marcou moitísimo o meu imaxinario, e que forma parte xa da milla pel, máis cando está salgada de pasala tardiña na praia de Rostro ou na de Quilmas.

Sí, foi unha auténtica pasada poder compartir tarde coa rapazada de Arteixo vendo como traballaba conxuntamente cos pas e nais que alí viñeron.

Graciñas a Alba e Modesto por convidarme, graciñas por tantas tantas cousas, xa eles saben!

Se queres ter máis info dosmeus obradoiros, ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com.

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: