Patente de corso de Rafa Villar, un libro con barquiña de papel

Fai meses que nun quiosco de Cee atopei este libro pegado o cristal e pensei, mimadriña que libro cunha barqiña de papel na portada, sexa do que sexa, este libro estaba esperando por min. E cado o teño nas mans penso, ohhh, é de Rafa Villar,un poeta e amigo da Costa da morte que foi man e foi vos no Batallón Literario da nosa comarca.

Mimadriña querida, vaia librazo, despois empezei a descubrir cousas dese libro que o vinculaban en certa maneira máis a min, un chisquiño por aquí, un chisquiño por alá, cousas miñas.

Sabedes que nos meus obradoiros, cada vez que fago unha figuriña conto un conto sobre ela, pois ben, este libriño forma parte dalgúns deses contos, dalgunha desas figuriñas, adivinades de cal?

Mañá o saberedes, xa que estarei na libraría A lus do Candil de Arteixo e leerei algún destes poemas, 😉

Fai un tempo fixéronlle unha entrevista a Rafa sobre este libro e isto foi o que dixo:

-Pode interpretarse como unha alegación en defensa dos auténticos valores da vida, entre tanto videoxogo e debuxos animados violentos?

-Se, pódese enfocar por aí. Hai unha lectura de fondo posible que ten que ver coa reivindicación dos valores vinculados ao noso tempo, que están enfrontados aos que parece que se impoñen hoxe en día. O compañeirismo, a solidariedade, fronte a valores como a guerra ou a inxustiza. Patente de Corso é, nese sentido, un axuste de contas co tempo actual, xogando coa poesía infantil e co humor.

-Declarou que se inspirou na súa infancia, nas súas orixes á beira do mar, pero cal foi o seu recuncho físico de inspiración e canto tempo empregou?

-Son de escritura lenta, en xeral, pero cando estou cun proxecto, téñoo inicialmente pensado na cabeza. Teño en mente, máis ou menos a estrutura do que quero contar e mesmo a forma final. O que pasa é que no trascurso da escritura vasche apartando do guión inicial. Patente de Corso levoume, entre unha cousa e outra, preto dun ano, aínda que non con dedicación diaria. Pero co libro na cabeza levo, se cadra, máis tempo. Sempre tendo a planificar os meus libros, aínda que coa poesía é distinto. En canto á localización, o sitio é o de menos, moitas veces en casa, ou noutro lugar, pero si necesito ter unha intimidade.

-Que se atopará o neno, ou os adultos, que abran o seu lilbro?

-Apuntaches unha cousa que me gusta, porque ás veces pénsase que a literatura infantil é só para nenos, e os maiores tamén poden gozala. Este é un libro de poesía infantil, pero tamén me encantaría que o lesen os adultos, que poden ver claves que se cadra os nenos non collen. O que se vai a ver é un mundo de todos coñecido polo cinema, pola literatura, que é o mundo dos piratas. Está, por outra banda, o mundo do mar e tamén quixen darlle unha cobertura de humor e de lingua propia da poesía. Tratei de buscar unha linguaxe bastante accesible, que se poida ler con facilidade, pero non por iso non manter a atención estética e a capacidade creativa que se nos supón aos que escribimos.

-Hai un único relato?

-Son varias historias. O libro está ordenado coma se fose un dicionario. A primeira palabra do poemario é a ´A´, de abordaxe. A partir desa letra desenvolvo historias diferentes, pero co fío condutor dos piratas. Son preto de corenta poemas dunha páxina de extensión cada un, aproximadamente.

-Que lle gustaría provocar nos seus lectores ou que cre que vai provocar?

-Cada lector é un mundo, pero, en primeiro lugar, espero que lles guste, que a lectura lles provoque satisfacción, que motive a risa. En definitiva, querería mellorar o seu estado de ánimo. E provocar esa reflesión da que falamos sobre o mundo en que vivimos, os valores, que pór en primeiro e en segundo lugar.

Advertisements

About Palmira

mimadriña.com

One comment

  1. Vica

    Témolo na casa esta semana, co teu permiso cando falemos del no blog poñeremos un enlace a esta entrada porque é boísima. Grazas por estas cousas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: