A duna de Pilat, partículas de luz

Non vos pasa que escoitades unha canción por primeira vez e de repente dis: mimadriña querida que fermosa! e traspórtate a un momento exacto no que tamén pensaches: mimadriña  querido que fermoso!

Sí, xa fai un ano que fixen unha viaxe extraordinaria a Bordeaux, en compaña de Víctor e Lara, en compaña de min! Naquela viaxe moita aconteceron o meu arredor, pero máis  cousas aconteceron  no meu interior e destas sei ben do que falo.

Coñecín a Duna de Pilat, un lugar máxico, para min amuleto de ledicia e felicidade. Cheguei e non puiden evitar tirarme a rolos duna abaixo por un lado e correndo como se se me acabase a vida cara o lado do mar, para terminar alí no mar, co corpo na auga vermella mentres anoitecía, co corpo entre as patículas de luz.

Sei que explicalo así, pode parecer ate poético, pero non é iso, é moito millor. Así foi para min, botar a vida e o alento polo peito, voar, despegarme de todo o vivido, velo correr area abaixo, con distancia, empaparme da ledicia e da sorte de ter vivido o que levo vivido e pensar, mimadriña querida, sei que teño as forzas necesarias para vivir moitas cousas máis, tan fermosas como este intre, vouno facer, vou facer o que queira, é dicir algo fermoso para min e despois para quen o queira ollar.

A duna de Pilat é máxica, dígovolo eu, que dende que estiven alí, non deixan de pasar cousas extraordinarias.

Vale! podo que algo sexa eu, que teño un prisma mimadriña querida que todo o ve fermoso, un super prisma ten que ser este, por que ca que está a caer. Un prisma cheo de partículas de luz, como esta canción.

Ide a Duna de Pilat!

Advertisements

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: