Un pau, un pau, un pau!
En Sardiñeiro, no verán son moitos os barquiños que veñen pousarse a miña ventá e xa sabedes que eu son unha toliña das barquiñas de papel pero o que ao mellor o que non sabedes e que recollo paus e madeiros na praia, un pau, un pau, un pau! Son a toliña que anda a gritar polas praias de Sardiñeiro, O Furadiño, Talón ou Rostro!
Teño o garaxe cheo, e sempre souben que algún día atoparía que facer con eles, pois xa está! Convidaronme a argallar algo para a Feira Franca e pensei que millor que empregar os madeiros de deriva para unha escola de embarcacións o modo medieval, vide facer o voso veleriño!
Así que xa o sabedes, se o sábado pasades pola Feira Franca, alí estarei, na Praza de Mugartegui ou Praza da Pedrería de 12 a 14 e de 18 a 21 horas. Vémonos!
Por certo esto é unha parte do que faremos alí, máis haberá algunhas cousas máis, exposición e outras sorpresas, pero hoxe non conto todo, xa o veredes e si non podedes achegarvos, xa o contarei aquí!
Se queres ter máis info deste obradoiro, ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com.