O fotocol da Costa da Morte

Queda inaugurado o primeiro fotocol da Costa da Morte, que sí, que o digo eu!

O verán na Costa da Morte é moi entretido, e aínda que eu non estou de vacacións, que ando liada co Campamento de igual a Igual: Muxía, un verán mimadriña querida, quero ir contando os poucos cousas do verán, e xa despois en setembro volto a ensinarvos cousas xeitosas en papel, e  tamén tomarei uns días para facerme unha viaxeciña!

A estas alturas xa sabedes que me encanta faltar da miña terra e do meu mar, e este verán é o das visitiñas de moitas amizades de mimadriña! 😉 Tamén estes días falareivos deles e dos proxectos que teñén tamén entre mans!

Non me digades que non é xeitosa esta foto, é na praia de Mar de Fóra en Fisterra, fai tempo que este panel informativo está roto, e paréceme moi moi poético. Penso, que información millor que as vistas encadradas nesta madeira vella!, non hai máis explicación que valga! De feito eu emarcaría moitos dos paraxes desta Costa, e xa estou dando ideas, a ver se alguén me escoita e se pon mans a obra, non fai falta máis que un marco de madeira encadrando as millores paraxes ,así de rotundo e simple. Mmmmm de feito case estou pensando que vouno facer un día destes vou coller os madeiros que atopo e enmarcar as vistas máis privilexiadas desta costa! Jaajaja, novo proxecto mimadriña en marcha!

Eu que son moi basurilla namoro destas cousas e sempre vexo xoguetes entre as cousas vellas e roídas, e claro!, vino e díxenlle a Paulina, Mai e Victor, mirade pedazo de Fotocol! E así pousamos!

A Paulina xa a coñecedes deste blog, a Víctor tamén e de Mai podedes saber dela nesta proposta fermosa.

About Palmira

mimadriña.com

One comment

  1. Este verán pensei en varias ocasións na praia de Mar de Fora, teño antoxo de augas fisterráns, agora con fotocol, tremendísimo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: