O peixe que sempre sorrí

fai uns dias escribín isto, falaba do moito que adoro os libros de Jimmy Liao e mostrába este corto!

Pois ben! alguén me propoñía neste blog que falara do que me suxería.

ufff, O peixe que sempre sorría é moi grande, son moitas cousas!

Eu a primeira vez que vin este corto puxéronseme os pelos de punta e recordáronme moitas cousas , moitísimas do meu pasado e presente máis recente, recordáronme cousas extraordinarias, momentos que compartín con contadas persoas moi moi especiais e que elas ben saben ben quen son, e ben saben deses momentos, por que se algunha vez tedes a sorte de pasar por instantes máxicos con outra xentiña, non dubidedes en recordalle a miúdo ou de cando en vez que forman parte de algo extraordinario na túa vida.

O peixe que sempre sorrí, fala do superficial. Observar un escaparate, o estético e a xentiña que habita nese escaparate, sen reflexionar que o que habita alí quizáis non sexa libre, observar e admirar o superficial, e do feito de acumular cousas estéticas para que fagan máis bonita e decorartiva a nosa vida, sen reflexionar que eso que acumulamos ten detrás unha vida….

O peixe que sempre sorrí,f ala do amor, de como alguén que está aí o teu lado, sempre sorríndo, a pesares das dificulatades, e como non reflexionamos por que é así esa persoa, por que sempre sorrí?, que me está a aportar?, terá algo que dicir?, son preguntas que as veces quedan varadas no día a día…

O peixe que sempre sorrí fala de liberdades, do noso propio ser, de darlle liberdade o noso ser e  as persoas   que temos preto. As veces temos preto de nós a persoas cheas de sorrisos que facilitan e iluminan as nosas vidas e eso é unha sorte, máis a sorte de verdade e que un día caiamos na conta de como o consigue, ohhh maxia, contaxiounos!

Hai xentiña, como digo eu, que naciu para ser libre, como un peixe no mar, que está ahí para ensinarte que todo o que te rodea está ahí e que ten a súa fermosura tal como é, e que se abres os ollos e sabes ollar como bo peixe de ollos saltóns, podes sorrir sempre. Como o peixe de Jimmy Liao que leva o homiño por toda a súa cidade e ensinalle que o mundo o que pertence é fermoso  que so ten que saber ollar.

Oh, non podemos amarrar, por moito que queramos a alguén ou a algo que nos acompaña e que nos fai os dias bonitos, non, as veces hai que deixar marchar e simplemente ser felices con nós mesmos e co feito de que un día coñecemos a alguén tan impresionante como o peixe que sorría de Jimmy Liao.

Non sei, é un conto dos máis fermosos que teño lido, podería ver mil e unha esquinas nel, pero hoxe teño sono, e vou durmir xa, a ver si teño a sorte de soñar con ser un peixe que sempre sorrí.

Boas noites!

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: