Faranduleanda cas grandes!

As cousas boas hai que compartilas! Bueno, eu un pedazo de tortilla de navallas ou de ensaladilla non o comparto, pero as alegrias, as risas e as conversas “milagreiras” si que as comparto!

Pero de que esta a falar hoxe esta muller?

Onte, estiven na Coruña na Festa Infantil María Pitiña, faranduleando ca xentiña de Crearte e fixemos un obradoiro na rúa mimadriña querida!

Fixemos?

Síiiiii, por que onte compartin traballo cas grandes, con Vica e Carla, que traballaron moito para que o vento non se levase os contos polo aire.

Eu fun ca idea de contarlle a quen se acercase que é isto de facer cousas xeitosas en papel e que historias había detrás de cada dobladillo.

O vento mareiro levounos as figuriñas e moitos dos versos, pero que lle íamos facer!, a cambio contábamos co espectacular pelo rizado e vermello de Vica ondeando ó vento como se do mesmo grito de María Pita se tratase, chamando pola defensa da cidade!

E no fondo de aquela tempestade o azul intenso do mar, os ollos da Carla, enormes e abertos que nada tiñan que pronunciar, xa eles mesmos marcaban o horizonte e enmarcaba todo o que eu fixese cas miñas mans!

Non, non tiña a miña fiestra con vistas o Sardiñeiro para ensinarlle a xentiña que se achegou, pero tiña a vica e a Carla, e é moi pelota, xa o sei, pero estiveron enormes.

Enre outros contos que eu contei, elas contaron un dos contos que máis me gustou ultimamento e do que xa algo vos falei: O peixe que sorría de Jimmy Liao. Impresionante o momento, so tedes que ver as fotos para darvosconta da intensidade do asunto!

Ais! que ven o pasamos,canto nos rimos e cantos bos amigos viñeron a arrouparme, como Joel, Noa, Zulima, Sebastian, Pablo e Victor, este último ademais aprendiu a facer a grulla de papel que non sabía.

jajja, boa tarde, e bonitos beizos os meu pintados de vermello. Nunha destas repito, compañeiras,contos e beizos en vermello.

Se queres ter máis info deste obradoiro,  ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com.

About Palmira

mimadriña.com

One comment

  1. Que ben o pasamos, tes razón. Temos que repetir, cantos sorrisos de peixe compartidos para encherse de felicidade, e canto máis pequerrechos mellor. Bueno, e os máis grandes tamén sorriron abondo, xenial! Carla e Vica

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: