Fai uns días falábavos de Jimmy Liao, e hoxe quero anunciarvos que na miña presentación engadín que de maior quero ser Jimmy Liao ou Sandra Cinto!
Eu deixovos este vídeo, este poema inmenso e xa non fará explicarvos máis sobre quen é Sandra Cinto, e si non xa o sabedes, ides o interné e alí xa vos din que é!
Fai unhas semanas, pasei uns dias na casa da amiga Paulina Funes, non sei como aquelo fixo que Paulina me falase de Sandra Cinto e díxome: Palmi, evócame moito a mimadriña, vas namorar dela, ademais Sandra Cinto é tan boa xente, tiven a gran sorte de coñecela o ano pasada na Coruña, e ohhhh Sandra Cinto é xenial!
Así que antes de ir durmir,collín o móbil e busquei imaxes da obra desta muller, e bueno a estas alturas xa sabedes que vou dicir: namorei dela! jajjaja
Aquí tedes o vídeo onde Paulina coñeceu a Sandra Cinto, eu non sei se algún día estarei diante dela para darlle un bico, pero debe serunha muller moi xeitosa por que xa van varias persoas que me din que a coñecen e todas ó falar dela poñen ollos de namoramento!
” a xente non é para sempre, as cousas non son para sempre…” / sandra cinto
“non pasa nada, sexamos felices, deixemos as cousas marchar río abaixo, outras virán, outras inventaremos!” / Palmira
Oh, que bonito Palmi! Podemos seguerlle o rastro a Sandra Cinto, que adoita vir a Galiza. Bicos, fermosa.