Sí, mimadriña! Aquí tedes o primeiro campento mimadriña!
E onde? Pois en Muxía!
E non só é o primeiro campamento de Mimadriña, senón que tamén é o primeiro campamento urbán do concello, así que isto vai ser moi moi emocionante!
A nosa aposta, e dicir o Concello de Muxía, Nova Xestión Cultural e mimadriña é:
Crear.: Porducir algo onde non había nada. Inventar, idear, facer una cousa que antes non existía.
Promover a Creatividade.: pensamento orixinal, imaxinación construtiva. É a xeración de novas ideas ou conceptos que habitualmente producen solucións orixinais. Elaborando una proposta cos principios deste mesmo concepto:
- Acto de inventar calquera cousa nova, mima!
- Capacidade de atopar solucións orixinais, xa veredes xa!
- Vontade de modificar ou transformar o mundo, somos cambiamundo!
Abordando un novo xeito de facer, de xestionar unha proposta de ocio cultural e creativa
- Como proceso e irémolo contando no blog do campamento, por que o proceso é fundamental, como valor didáctico e emocional.
- Como característica da personalidade, somos diferentes e mola!, non esperades as actividades que imos facer, por que non se fixeron nunca nun campamento ( jajajjaja)!
- Como produto, un producto xeitoso coma nós, como a infancia de Muxía.
Apostando por unha educación en positivo, en Igualdade.: como o principio que concede idénticos dereitos a todos os seres humanos, con independencia da súa raza, sexo, relixión, condición social, ideoíoxía ou circunstancias persoais.
De igual a igual, Muxía un verán mimadriña querida, non é un campamento, é toda unha experiencia, jajajjaja, unha primeira experiencia para min, para Nova Xestión e para o Concello de Muxía, así que Mimadriña querida, imaxinades como temos o bandullo cheo de bolboretas! Mimaaá!
A partir do 1 de agosto podedes seguir as nosas aventuras neste blog: http://campamentodemuxia2013.wordpress.com/
Se queres ter máis info deste proxecto, ou pertences a algunha entidade e estas interesado/a, ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com.
Quen fora nena en idade!!