Hai días como este que por moito que unha o intente non pode mostrar nen un pequeno sorriso, o mar tornou gris oscuro, por momentos plata, e a luz e a beleza deste lugar hoxe asemella algo superficial. un abrazo enorme, deses ben grandes, moi quentiños, ás familias, amizades e achegados das víctimas, e moitas grazas a todas as persoas, veciñanza de Santiago e visitantes que participaron e participan activamente para que todo sexa un pouco millor dentro da negrura.
Un bico a todos e todas!
Mimadriña que terra temos, que mar , que xente, que valor indiscutible!
Estos son días de silencio, volverei prontiño, para contarvos cousas moi grandes para mimadriña que tiña pensado contarvos mañá, pero, nin hoxe nin mañá é o día!
Un bico!