Eu quero ser Jimmy Liao

sé feliz“Desde a miña infancia, sempre fun un neno preocupado. Cando un coche dos bombeiros ía cara a onde se atopaba a miña casa, enseguida preocupábame que fose a miña casa a que ardese. Cando o profesor dicía que algún alumno suspendera o exame, preocupábame porque seguro que se refería a min. Cando algún amigo chegaba tarde a unha cita, preocupábame pensando que sufrira algún accidente. Cando escoitaba un conto de pantasmas, preocupábame que fóra a asomar unha pantasma. Eran moitas as cousas que me preocupaban, pero descubrín que en realidade non había moitas cousas polas que valese a pena preocuparse. En cambio, se eu non me preocupaba de nada, de súpeto, todo o mundo preocupábase. No fondo, nesta vida, tanto se te preocupas coma se non, o certo é que os demais se van a preocupar?”
Jimmy Liao

Eu non sei como tardei un ano en falarvos de Jimmy Liao, dende o principio deste blog pensei en falarvos del, pero foron pasado os meses e non o facía, era como un tesouro, gardadiño solo para min e unicamente lle ensenaba os libros de Jimmy Liao á xentiña moi moi especial.

Na miña presentación, sempre digo que eu de maior quero ser Jimmy Liao, e sí, é certo, xa fai ano e medio que descubrín este autor; collín o seu u libro “Soy  Feliz, no me preocupo” nunha librería, e así empezei a pasar as follas, sabía que tiña algo moi importante nas mans e que ía a lembrar sempre ese momento e o que fixera esa tarde. De feito de alí , co meu libro ben escondido no bolso, funme para a miña primeira sesión de clases de deseño gráfico con Gemma Feijoo na xa desaparecida Asociación Laverca, da rúa Perillana na Coruña. Aquel día abrín ben os ollos e as orellas e so pensaba, ohhhh que linda esta profe, que xeitoso o que aquí vou aprender, pero sobre todo pensaba, mimadriña o que teño escondido no meu bolso!

Cheguei a casa e mimadriña!, recordo leer todo aquelo e pensar cada 5 segundos:

eu quero ser Jimmy Liao, eu quero ser Jimmy Liao, eu quero ser feliz e facer o que me da a gana e como me da a gana.

Eu non sei que fixo que un día prendese mimadriña, que elementos influíron para que un día pousara barquiñas de papel na miña ventá, recordo intres especiais, como cando a altas horas da noite nun pub en Bilbao estábamos un grupo de xentiña con motivo do Amazing 2011, e mentras eles falaban eu facía mini e diminutas barquiñas cunha servilleta, e vía como pouco a pouco a súa conversa ía silénciandose e eu gañaba protagonismo na miña acción, jajja, eles non o saben, pero era unha maneira de dicirlles: veña ohhh, tranquiiiiiiiiiilos! a vida é sinxela, eu non falo, fago cousas, vedes? fago unha barquiña de papel!

Recordo a xente que me dixo que lle gustaba as cousas que facía,recordo que me dixeron que pasara da xente e me adicara a min, recordo días moi tristes e moitos días de rabia, recordo moitas horas sola, moitas no monte, na miña vida no Ribeiro, moitas noites navegando e lendo cousas pola rede dende unha casa de pedra, no medio dunha aldea abandonada da que eu formaba parte e rodeada de viñas e algún que outro xabarín… recordo horas e horas de conversas parvas que a ningures me levaban pero facíanme compaña, moitas cousas, un largo proceso, pero sei que aquel día que vin e lin aqueles libros de Jimmy Liao, influíron , moito, pero que moito, en que confiara cegamente en que unhas barquiñas de papel de cores ían traerme cousas boas! Así foi, así é.

Hoxe por fin chegou o día e quero ensinarvos unha mínima parte o imaxinario de Liao, desfrutadeo, é un tesouro que quero compartir, collede o que precisedes, quen sabe as cousas boas que vos traerá!

Agora deixovos con este coro inspirado nun dos seus libros, creo que as persoas que ledes este blog, sodes tan especiais que saberedes ver o que eu vexo neste libro!

About Palmira

mimadriña.com

5 comments

  1. Ramón

    Graciñas por agasallarnos con dez minutiños tan lindos….

  2. xabier

    Palmi, yo quiero saber que es lo que ves tu en este corto en este libro, estoy seguro que nos vas a emocionar! Cuéntalo!

  3. Pingback: O peixe que sempre sorrí | Mimadriña!

  4. Pingback: O peixe que sempre sorrí | mimadrinha

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: