un domingo pola tarde

I

Foto con estilo Jot Down 😉

sei que levo retraso en contarvos cousas, e sei que teño que contarvos moitas cousas,  mil cousas que ando argallando, xa me doe ata a cabeza, e vou falando soa no coche. Por certo que dende o domingo o meu coche está ata arriba e non unicamente de barquiñas de papel, senón de algo moi… feitiño. teño que sacar iso do coche, sacarlle unha foto e mimadriña querida. era algo que levaba preparado para o obradoiro de origami que ía levar a cabo no Soho Coruña do domingo pasado, máis o tempo anda revolto

 

neste 2013 sen primavera e non puido ser.

E que pasou? Pois non houbo Soho, máis houbo un domingo pola tarde moi moi mimadriña querida. Xa coñecedes a Carla, verdade? sei que sí, e a Joao tamén, xa vos contei moitas cousas deles aquí, aquí e aquí. Pois viñeron convidarme a xogar a súa casa aproveitando que estaba na Coruña. ir xogar a casa de Carla a moza do blo O Corno do boi e futura poeta multimedia ( María Lado ponte a temblar que esta rapaza é moi crac), ir xogar a casa de Joao do blog A rocha da balea e futuro home dos mil bicos ?. Eu vou!

E fun, e ensinaronme un montón de cousas, xoguetes, un óso de balea xigante, unhas historias de aventuras, os contos que leen, os seus debuxos, a ventá preferida de Carla, un libro que mimadriña querida, levou dez anos escribilo, é Tastarabás de Antón Cortizas, unha enciclopedia do brinquedos tradicionais que é unha cousa tola e moi fermosa, aquí o tedes.

E falamos moito, e inventamos contos, e Carla díxome que está a preparar uns vídeo-poemas na praia, e Joao xogou conmigo a granxa, e despois eu díxenlle que en augas de Sardiñeiro apareceu un tiburón peregrino, e que ademáis atopouse un tesouro no fondo do mar con máis de 500 anos de historia, e que foi un primo meu un dos mergulladores que o atopou, eu quero ser mergulladora xa!

Que ben o pasei pola tarde o domingo e que rico estaba o bocadillo de Joao que eu comín! ñam

About Palmira

mimadriña.com

5 comments

  1. Usando as túas propias palabras, que foto tan crack, vouna poñer de fondo de pantalla.

  2. Parabéns pola luz que espertas nas almas!! Non podo para de sorrir desde que descubrin o teu blogue. Unha aperta. Nuria

    • Palmira

      Moitas grazas Nuría por estas palabras, non sei se nos coñecemos en persoa, se non é así, xa nos coñeceremos nunha destas! Pero moitas grazas! Eu estou convencidísima que cando un fai as cousas que verdadeiramente lle gustan e as conta, non hai máis artificio que poñerlle para que proxecten luz, elas mesmas se iluminan. Con todo isto de mimadriña.com coñezo xente moi crac coma digo eu, o que fan o que dicen…. todo é luz, por que esas persoas fan o que lles gusta. Sen dúbida, estou segura que tí eres unha desas persoas, xa me contarás! 😉

  3. Pingback: UNHA TARDE CON PALMIRA | A ROCHA DA BALEA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: